InicioSOCIEDADEUn milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

Publicada o

Por europapress

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua na Coruña, unha iniciativa que terá lugar o próximo 3 de maio, a partir das 11,00 horas.

 

Presentación do Correlingua. ANDY PÉREZ
Presentación do Correlingua. ANDY PÉREZ

O concelleiro da área de Fomento e Promoción da Cidade e rsponsable de Cultura, Gonzalo Castro, presentou este luns, no Palacio Municipal de María Pita, esta nova edición, na que participarán alumnos e alumnas de 17 centros de toda a comarca da Coruña.
Na presentación, xunto á responsable provincial de Correlingua, Celia Armas, e o representante de CIG Ensino, Suso Bermello, destacou unha iniciativa así para manter “moi viva a lingua galega entre as próximas xeracións”.

A xornada comezará o venres, ás 11,00 horas, desde a chaira do Palacio dos Deportes de Riazor. As e os participantes percorrerán o paseo marítimo ata chegar á Torre de Hércules, aproximadamente ás 12,30 horas.

Haberá un escenario xunto á estatua de Breogán, onde se celebrará unha festa final na que, como o ano pasado, haberá actuacións musicais e entrega de premios á mellor pancarta.

O Correlingua fixo que centos de @alumn@s botasen a lingua fóra

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...