InicioECONOMÍAPersoal de Zara Loxística mobilízase este domingo na praza de Lugo contra...

Persoal de Zara Loxística mobilízase este domingo na praza de Lugo contra a “perda de dereitos”

Publicada o

Por europapress

Persoal de Zara Loxística mobilízase este domingo na Coruña, cunha manifestación, ás 12.00 horas, na praza de Lugo, contra a “perda de dereitos”. Ademais, convocaron paros os días 13 e 14 de maio en cada quenda de traballo. Farano no marco das mobilizacións que manteñen os traballadores e traballadoras do centro de distribución do grupo Inditex para esixir tamén “carga de traballo”, segundo informaron as organizacións sindicais.

“Se a empresa non rectifica, o luns e o martes haberá paróns de catro horas á saída de cada unha das quendas de traballo”, avanzan nun comunicado. O motivo das distintas mobilizacións atribúenas a un “peche patronal” o pasado día 1 de maio, ao non traballar ese día fronte aos acordos existentes, sosteñen, “e abrindo a porta a máis modificacións dos calendarios laborais pactados”.

“A todo isto súmaselle a continua perdida de carga de traballo do centro e a falta de aposta da compañía pola distribución desde Galicia, en concreto desde Arteixo, onde está a súa sede central”, engaden desde UGT en liña co manifestado desde a CIG. Esta central afirma que decidiron intensificar as protestas tras unha reunión coa dirección de Inditex, “na que a empresa recoñeceu que a modificación dos calendarios era unha imposición unilateral que non ían retirar”.

ÚLTIMAS

Segue aquí os resultados das Eleccións Xerais do 29N nos Concellos da comarca da Coruña

Aquí podedes seguir os resultados das Eleccións Xerais do 29 de novembro de 2026,...

O PSOE de Arteixo acusa ao tenente de alcalde do PP de “manipular o voto” tras entregar papeletas a anciáns

O PSOE de Arteixo acusou o tenente de alcalde do Concello e responsable de...

O PPdeG denuncia a vandalización da súa sede en Culleredo con pintadas e restos de ovos na xornada electoral

O PPdeG denunciou publicamente e ante a Garda Civil a vandalización da súa sede...

O Fanzine Fest levará a música electrónica a lugares da Coruña como o Planetario e a Domus a partir do mércores

O Fanzine Fest celebrará unha nova edición entre os días 2 e 7 de...