InicioECONOMÍAA Xunta concede autorización ambiental para a planta de produción de amoníaco...

A Xunta concede autorización ambiental para a planta de produción de amoníaco verde en Arteixo

Publicada o

Por europapress

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático publicou a autorización ambiental integrada a Harmonía Green Galicia S.L. para unha planta de produción de amoníaco verde no municipio de Arteixo. Así o recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG) que dá publicidade á resolución pola que se outorga a citada autorización, que poderá consultarse na propia Consellería ou a través da súa páxina web.

Faino de conformidade ao Real Decreto de 2016 polo que se aproba o texto refundido da Lei de Prevención e Control Integrados de Contaminación. Trátase dunha planta para a produción de amoníaco verde nas instalacións do porto exterior da Coruña, en Punta Langosteira, no marco dos novos proxectos previstos neste ámbito portuario.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...