InicioA CORUÑAA Coruña regulará as normas para as sardiñadas e fogueiras do San...

A Coruña regulará as normas para as sardiñadas e fogueiras do San Xoán

Publicada o

Por europapress

O Concello da Coruña arrinca a preparación do San Xoán establecendio a regulación para as actividades relacionadas coas festas.

Segundo avanza o goberno local, a alcaldesa, Inés Rey, fará público esta semana o bando informando as pautas que deberán seguirse para levar a cabo sardiñadas, churrascadas ou grelladas, así como fogueiras durante a noite de San Xoán.

Tamén inclúe información do servizo especial de transporte urbano, os cortes de tráfico no paseo marítimo e na contorna das praias de Riazor, Orzán e Matadoiro, así como a colocación de tres puntos violetas.

O día 23 de xuño estarán permitidas, sen necesidade de comunicación previa a Seguridade Cidadá, as sardiñadas e churrascadas, a condición de que non ocupen a calzada nin entorpezan a circulación de vehículos.

Deberanse realizar entre as 13.00 e as 16.00 horas, e entre as 20.00 e as 00.00 horas. Para iso, haberá que cumprir unha serie de medidas de seguridade como son a distancia entre grellas ou a elevación do chan.

Entre o 14 e o 30 de xuño tamén se poderán levar a cabo sardiñadas, churrascadas ou similares, a condición de que se remita unha comunicación previa por escrito á área de Seguridade Cidadá cun mínimo de 48 horas de antelación.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...