InicioECONOMÍAO Goberno propón un "mecanismo compartido" para o pago de axudas a...

O Goberno propón un “mecanismo compartido” para o pago de axudas a mariscadores do Burgo

Publicada o

Por europapress

O secretario de Estado de Medio Ambiente, Hugo Morán, defendeu a procura dun acordo coa Xunta de Galicia en aras de lograr un “mecanismo compartido” para o pago de axudas aos mariscadores da ría do Burgo mentres non poidan faenar ata que as crías alcancen a talla legal de comercialización, unha vez concluído o dragado.

Así o expuxo nunha comparecencia no Congreso e en resposta ao deputado do BNG, Néstor Rego. Nela, dixo tamén que foron ao redor de 78 as persoas que recibiron indemnizacións durante as obras de dragado, unha contía que cifrou nun catro millóns de euros.

Pola súa banda, o deputado nacionalista Néstor Rego trasladou a súa satisfacción ante a vontade do Ministerio de atender as demandas do colectivo, que manteñen protestas periódicas en esixencia dunha solución á súa situación.

Néstor Rego pediu, no entanto, unha “implicación clara” por parte do Goberno central para, conxuntamente coa Xunta de Galicia, expuxo, cubrir esas necesidades.

ÚLTIMAS

The Rapants e a Fundación Paideia triufaron nos Premios PALCO da Industria Musical Galega

Celebrouse onte na Sala Capitol de Compostela a entrega da segunda edición dos Premios...

A UDC promove este sábado un espazo no Mercado de San Agustín con propostas de divulgación científica e gastronómica

A Universidade da Coruña (UDC) estrea 'Abastos de Ciencia', un espazo onde a divulgación...

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...