InicioA CORUÑAPersoal da planta de residuos mobilízase o sábado para esixir "garantías" no...

Persoal da planta de residuos mobilízase o sábado para esixir “garantías” no emprego

Publicada o

Por europapress

Persoal de Albada, a empresa concesionaria da planta de tratamento de residuos da Coruña — situada en Nostián — mobilizarase o sábado, día 25, en protesta pola “falta de avances” na publicación dos pregos da nova concesión da instalación e “ante a incerteza” sobre a continuidade da planta e os empregos.

Segundo informaron representantes sindicais, en rolda de prensa, será nunha manifestación que comezará ás 12,00 horas na Casaw da auga — onde se atopan as oficinas da Concellaría de Medio Ambiente — e terminará na praza de María Pita cunha concentración ante o Concello da Coruña.

A decisión de convocar esta mobilización débese, expuxeron, a que, tras as reunións mantidas, o goberno local “non aclarou cando se publicarán os pregos nin explicou os motivos deste continuo atraso”. Mentres, argumentan que o Consorcio das Mariñas “xa anunciou que sacará a licitación a recollida de lixo conxuntamente co tratamento, pondo así en risco o futuro da planta”.

Para o presidente do comité, Hadrián Canosa, a “parálise” do novo proxecto da planta de reciclaxe e o “escurantismo” do proceso “pon en risco o actual modelo”, así como “o medio ambiente e a continuidade dos postos de traballo”.

O contrato coa concesionaria acabou o 31 de decembro de 2019. “Desde ese momento segue prestando servizos en precario á espera da nova licitación”, apuntou, aludindo, ademais, aos máis de 120 traballadores e traballadoras afectados por esta situación.

ÚLTIMAS

500.000€ para a Vía Ártabra nos Orzamentos da Xunta 2027: “Non dá nin para reactivar o proxecto”

A historia da Vía Ártabra é para facer un libro. Dende 2001 se proxecta...

Inés Rey ve unha “desfachatez absoluta” nos orzamentos da Xunta para A Coruña

A alcaldesa da Coruña, a socialista Inés Rey, cualificou de "desfachatez absoluta" as partidas...

A Coruña recupera ás “Cigarreiras” da man da Banda Municipal de Música da Coruña e Cántigas da Terra

Presentouse hoxe a xira galega de ‘As Cigarreiras’, o grande espectáculo musical e teatral promovido...