InicioSOCIEDADEA nova edición da 'noite branca' chega con ofertas e obsequios no...

A nova edición da ‘noite branca’ chega con ofertas e obsequios no comercio tradicional

Publicada o

Por europapress

A Coruña acolle unha nova edición da ‘noite branca’ con ofertas e obsequios no comrcio tradicional e cunha homenaxe, na súa décima edición, ás familias acolledoras no Día Mundial de Acollemento Familiar. Trátase dunha iniciativa organizada pola Asociación Zona Comercial Obelisco, coa participación de 95 establecementos e con propostas ao longo de toda a xornada. No acto, a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recalcou que o “comercio tradicional fai cidade e axuda a seguir construíndo esta Coruña que queremos”. Á súa vez, o director xeral de Comercio, Gabriel Alén, puxo en valor accións deste tipo para impulsar o comercio local.

Respecto da rede de familias de acollida, a rexedora sinalou que “para todas as administracións públicas é un compromiso firme garantir os dereitos dos nenos e as nenas a crecer en contornas estables, saudables e dar apoio á poboación”. Pola súa banda, desde a Asociación Galega de Familias de Acollida demandáronse máis familias acolledoras ante os 1.500 menores en centros que non están a crecer na súa familia nin noutra que faga esa función.

ÚLTIMAS

Folga nos autobuses da Coruña: os traballadores denuncian unha carga laboral excesiva e prodúcense danos en dous vehículos

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña, empresa adxudicataria do servizo de autobuses...

“Garabato”, da herculina Alicia Úbeda, a única curta galega seleccionada no ZINEBI 68

Segue asentándose Brava no panorama audiovisual galego. Como tamén o fai a directora Alicia...

A Xunta de Persoal solicita un calendario real, financiamento e solucións ante a demora nas obras do novo CHUAC

A Xunta de Persoal da Área sanitaria da Coruña e Cee achegouse esta mañá...

O TSXG avala o despedimento dun líder sindical do lixo da Coruña por instar a boicotear o servizo durante a folga

A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou como...