InicioMOV. SOCIAISA Fundación Vicente Ferrer organiza na Coruña unha xornada de Ioga Solidario

A Fundación Vicente Ferrer organiza na Coruña unha xornada de Ioga Solidario

Publicada o

Por editor

A Fundación Vicente Ferrer e en colaboración coa Escola de Ioga Integral Mahashakti, organiza unha xornada de Ioga Solidario que terá lugar na Coruña o vindeiro 8 de xuño. O  Mahashakti Integral Yoga Center (rúa Bugallal Marchesi 10, A Coruña), organiza esta sesión para recadar fondos para 350 nenos e nenas de 3 a 6 anos, pertencentes a unha rede de centros preescolares da zona do val de Katmandú, Nepal, na área de protección escolar e da saúde.

Esta iniciativa da recoñecida institución que leva décadas traballando coas persoas máis vulnerablesd a India, denominada “YogAnanta” xorde da cidade de Anantapur, e facilita a canalización destas axudas cara ás comunidades máis vulnerables. A comunidade ióguica, en xeral, sempre foi sensible a estas iniciativas, sobre todo á infancia, polo que a través da iniciativa “YogAnanta” é posible canalizar este impulso.

Para participar e axudar, podes inscribirte aquí, e recibirás unha clase de ioga e facer a doazón que consideres. O 100% da recadación irá destinada directamente a estes colectivos a través da Fundación Vicente Ferrer.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here