InicioSOCIEDADEPasaxeiros dun tren Vigo-A Coruña quedan tirados en Vilagarcía

Pasaxeiros dun tren Vigo-A Coruña quedan tirados en Vilagarcía

Publicada o

Por editor

Unha incidencia técnica nun tren que cubría na mañá deste venres o traxecto entre as cidades de Vigo e A Coruña obrigou a desaloxar aos pasaxeiros na estación de Vilagarcía de Arousa.

O servizo, circulaba cuns 20 minutos de demora, chegou ás 10,30 horas estación vilagarciá pero, a pesar de que os pasaxeiros se subiron ao tren, non retomou a marcha. Segundo trasladaron a Europa Press usuarios afectados, o revisor comunicou aos pasaxeiros que unha avaría impedía continuar e debían abandonar os vagóns para esperar á chegada doutro tren.

Os viaxeiros foron recollidos por un novo servizo da liña entre Vigo e A Coruña, salvo os pasaxeiros con destino Catoira, Pontecesures e Padrón, que serán trasladados en taxi porque o novo tren non realiza esas paradas, segundo comunicou Renfe.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here