InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODetectan un caso de gripe aviaria nunha gaivota patiamarela en Oleiros

Detectan un caso de gripe aviaria nunha gaivota patiamarela en Oleiros

Publicada o

Por europapress

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA), mediante a Rede de Alerta Sanitaria Veterinaria, a detección dun exemplar de gaivota patiamarela afectado pola influenza aviaria de alta patoxenicidade, resultado que foi confirmado polo Laboratorio Central de Veterinaria de Algete (Madrid).

A ave foi atopada morta no concello coruñés de Oleiros e foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da Consellería do Medio Ambiente e Cambio Climático. Alí, segundo informou a Xunta, tomáronlle mostras para analizalas no laboratorio e o cadáver foi eliminado conforme á normativa en vigor. Este novo caso é o primeiro confirmado en Galicia durante este ano.

A notificación deste foco, ao afectar exclusivamente a aves silvestres, non implica cambios no status sanitario de Galicia en relación á influenza aviaria, nin supón ningunha restrición ou medida adicional con respecto ao comercio de aves vivas ou produtos avícolas derivados con orixe en Galicia.

O Executivo galego lembrou que actualmente a valoración de risco de aparición de influenza aviaria a nivel de España segue sendo favorable. Desta forma, en Galicia hai certas medidas de prevención sanitaria nos sete concellos da provincia de Pontevedra que pertencen á Zona de Especial Risco (Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Meaño, Ribadumia, Sanxenxo e Vilanova de Arousa).

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho e...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...

O festival LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso enche a axenda coruñesa

Norte Cinema Diverso chega este ano coa súa cuarta edición que se celebrará do...