InicioBARRIOSCríticas ante as deficiencias do recén estreada parque infantil dos Pelamios

Críticas ante as deficiencias do recén estreada parque infantil dos Pelamios

Publicada o

Por editor

Hai apenas un mes que se inagurou o parque infantil dos Pelamios (cun retraso de máis de 8 meses de finalización), no marco da rehabilitación do Paseo Marítimo. Pero o seu estado xa é preocupante.

Así o denuncia o Portavoz do Grupo Popular, Miguel Lorenzo, despois de escoitar as queixas da veciñanza e de comprobar de primeira man as múltiples deficiencias do parque.

“Só pasou un mes e o seu estado é malo. Especialmente grave é a rotura de gomas na zona de xogos infantís, con multitude de boliñas no chan con perigo de que os menores os metan na boca”, destaca o voceiro popular, quen tamén apuntou que se poden ver “farolas sen protección a ras de chan na zona próxima á zona infantil, tras investir 43.000 euros na súa reparación”.

Critican que a zona de herba presenta abundantes calvas e unha mala conservación a pesar de ter certificados máis de 50.000€ nesta actuación, así como pavimentos irregulares, sinalización no terreo, etc.

Por todo iso, o PP esíxelle ao goberno socialista que reclame á empresa que realizou os traballos de rehumanización dos Pelamios que corrixa de inmediato todasas deficiencias.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here