Mantivo este pasado venres dúas Asembleas da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana (FAVA Coruña na Asociación Veciñal do Ventorrillo. 15 das aproximadamente 25 Asociacións que forman parte da Federación estiveron presentes nunha cita importante para tomar varias decisións.
A máis operativa, a creación dun grupo de WhatsApp das Asociacións Veciñais federadas para mellorar e axilizar a comunicación, os acordos e o traballo en común.
A entidade tamén crea novas comisións de traballo para ter unha postura clara en temas de relevancia como a renovación da fachada marítima, a limpeza, a mobilidade ou a problemática coa vivenda e as terrazas.
Tamén prepararon o seu comunicado para o tema que mantén en vilo a toda a cidade: a folga do servizo de recollida do lixo.
Nese comunicado a FAVA manifesta “unha vez mais, o total rexeitamento e preocupación do movemento veciñal da cidade ante a situación de folga encuberta do servizo de recollida de lixo da Coruña. Instamos ó Concello da Coruña que actúe de forma urxente; non se poden tolerar máis chantaxes nin secuestros”.
Diexan claro que “o límite de paciencia da veciñanza rematou e reclamamos que a empresa tome as medidas necesarias para rematar con esta problemática e que se cumpra o prego de condicións. Reiteramos o manifestado publicamente nas últimas semanas: non é xusto que a veciñanza pague as consecuencias de problemas alleos e conviva día a día con esta situación de insalubridade nas rúas.
Así tamén sinalan tamén a súa “preocupación polo elevado número de incendios que se están a producir vinculados ás cantidades de lixo acumuladas arredor dos colectores; desexamos que as cámaras de vixilancia identifiquen ós culpables e os causantes de tales danos paguen as consecuencias. Consideramos inadmisibles estes actos de sabotaxe que poñen en perigo ós veciños e veciñas, e só poden levar a resultados negativos”.
Folga do lixo: a empresa acusa ao Sindicato da Limpeza de querer controlar a contratación do persoal
Gran representación
A entidade representa a boa parte das Asoc. Veciñais da cidade, incluida a recén incluída Asociación Veciñal de Praza de San Pablo.
A mesmo conta cun horario de axuda ás entidades en temas burocráticos, entre outros, estando en horario de mañá, no seu despacho, estes meses no Circo de Artesáns de San Andrés, malia que agardan volver ao Centro Cívico do Birloque, que leva 18 meses en obras…
Asociacións nos seus barrios
Outras asociacións, pola súa conta, están facendo os seus escritos e denuncias. Así, a Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros quere facer público “o malestar de moitos veciños e veciñas polo lixo amoreado que inunda estes días as rúas do barrio, lixo que provoca cheiros e problemas de hixiene”. “Solicitamos ao concello solucione este problema e que se exisa que por lo menos se cumplam os servizos minimos da folga”, sinalan, “hai ruas do barrio que nunca se recolleu lixo exemplo a rua da Gaiteira, travesia da Gaiteira, San Diego, Vales Villamarin, onde o lixo acumulado impide o paso da xente pola beirarrúa”.
Máis novas
Os Bombeiros da Coruña interveñen noutras catro incidencias relacionadas con colectores incendiados