InicioBARRIOSUsuarios da zona canina de Sta Margarita indignados polo seu estado de...

Usuarios da zona canina de Sta Margarita indignados polo seu estado de abandono

Publicada o

Por editor
  • Dende o colectivo AMMINA denuncian tamén o “insalubre” estado da única praia canina da cidade, a cala de Bens.

— — —

Máis activo que nunca está estes días o grupo de WhatsApp de “CANIL Sta Margarita”. Usuari@s da área canina do parque herculino botan fume ante o lamentable estado de abandono que sofre un dos poucos espazos petfriendly da cidade. Malia queo Concello aseguraba o 14 de maio o remate das obras de acondicionamento, “agora é peor que antes de comezar as obras aínda sen rematar”, afirman dende o colectivo AMMINA.

Moit@s usuari@s están a reclamar masivamente ao concello, a través do 010, a finalización das obras sen rematar e a limpeza e baleirado do “vello, sucio e único contedor” existente para as dúas zonas independentes que supuxo a creación do novo acceso, ao parque dende a rúa San Mateo.

“O 010 díxome que se o contedor estaba cheo que tiñamos que botar as bolsas no chan. Isto é incrible”, denuncia unha veciña lamentando o “cheiro nauseabundo” que provoca.

area canina sta Margarita 5 copia

Praia insalubre de Bens

Lixo na playa canina Bens -Coruna

Por outra banda, a única praia para cans da cidade segue “tan abandonada e sucia, c
como de costume”. “O único que supuxo un cambio foi a instalación do cartel que a identifica como praia canina”, aseguran.

Critican tamén que a Mentres, a patrulla verde intensifica os controis dos cans sen correa. Explican que o pasado xoves estiveron “desinformando á xente que paseaba cos seus cans soltos que “só se pode levar o can sen correa pola noite”. “Non saben que o parque pecha de 22:00 a 09:00 horas?”, pregúntanse os usuarios.
“Por que non perseguen e multan a xente que non colle detrás dos seus cans e que, coas súas cacas no chan, ensucian a imaxe de todos?”, propoñen.

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here