InicioPOLÍTICAInés Rey: “Teñen a cidade secuestrada, tomada como refén por pretensións ilegais”

Inés Rey: “Teñen a cidade secuestrada, tomada como refén por pretensións ilegais”

Publicada o

Por editor

A alcaldesa da Coruña amosase contundente coa crise aberta no servizo de limpeza da Coruña e unha folga encuberta que dura xa case un mes. Apunta directamente ao Sindicato da Limpeza e responsabiliza á Marea Atlántica da actual situación por pactar cos traballadores os pregos do actual contrato. Esta é a primera parte dunha entrevista máis longa coa rexedora coruñesa.

Semella que cambiou o modelo de limpeza da cidade da Coruña nos últimos anos. Como é posible que en tres anos, a cidade teña xa sufrido varias folgas dos operarios da limpeza?
É un problema que se leva sufrindo desde hai moitos anos porque hai un problema estrutural, por un sindicato en concreto, que ten presenza en recollida como en limpeza viaria e cando houbo oportunidade de deseñar un pregos para que esa situación mellorara pois non se fixo. Os pregos que herdamos da Marea Atlántica foron pactados cos traballadores e, polo tanto, seguen a ter control sobre cousas que, de non telo, estarían mellor. Agora mesmo estamos no medio dun conflito no que eu pido responsabilidade ás partes, tanto ao comité como á empresa para a súa resolución. Pero tamén digo que o Goberno local actuará con firmeza, dentro da lei, tomando todas as medidas ordinarias e extraordinarias que sexan necesarias para reverter esta situación. Pero non imos a aceptar ningunha chantaxe de ninguén para poñer fin ao conflito. Porase fin de xeito consensuado no marco dunha relación laboral entre empresa e traballadores. Teñen a cidade secuestrada, tomada como refén, por pretensións ilegais que saben que non van prosperar . Seremos esixentes, poñendo sancións á empresa e á empresa terá que sancionar á súa vez aos traballadores que non cumplan. Curiosamente hai uns días houbo folga e as porcentaxes de recollida son exactamente igual de pequenas que os días que non hai folga. Polo tanto, vivimos xornadas de folga e xornadas de folga encuberta onde hai un sindicato maioritario na empresa que decide cando secuestra á cidade con evidente perigo para a saúde pública e con problemas en todos os barrios. É un momento delicado. Estamos pasándoo mal, eu a primeira, pero non vou ceder nin un ápice porque non pode ser que unha cidade viva recorrentemente situacións deste tipo. Cando é San Xoán, cando son as festas de agosto, cando é Nadal, en Entroido… sempre en datas sinaladas é cando se lembran das reivindicacións. Eu son do PSOE, son unha muller de esquerdas e defendo os dereitos dos traballadores, pero neste caso, isto vai máis alá dos dereitos dos traballadores.

E será porque hai só un sindicato, un sindicato que semella vertical?
Efectivamente. E o líder dese sindicato está sendo investigado xudicialmente. Non vou comentar nada dese tema por prudencia. Pero a cidade non merece a situación que está a vivir. Eu sigo esixindo que senten a negociar, aínda que é complicado cando as pretensións non teñen cabida na legalidade. E quero que todo o mundo saiba que non imos ceder a estas chantaxes.

Pero hai posibilidade de declarar estado de emerxencia. Ti mesmo falaches desa oportunidade?
Xa o fixen no ano 2022 cando tamén había unha folga encuberta. Contratei a unha empresa para que viñera a recoller o lixo. Sei que a xente me pide que declare o estado de emerxencia, pero para que os tribunais non tumben esa declaración hai que armala ben xurídicamente e determinar cando se pode dar. Lembro que hai unha folga oficialmente convocada e, polo tanto, con todos os mecanismos que a lei permita tomaremos todas as medidas, ordinarias ou extraordinarias, que poidamos tomar.

E como é que hai uns barrios que están máis porcos que outros?
Iso non é verdade. Eu acabo de pasar polas Atochas, no barrio de San José, que é centro da cidade, e desbordan os colectores. Hai zonas nas que está recollido e zonas nas que non está.

Eu falo de zonas como é o distrito centro, que está moito máis limpo que barrios como o do Castrillón, por exemplo. E curiosamente, semella que están máis limpas as zonas que votan masivamente ao PP que as que votan máis polas esquerdas…
Esa reposta gustariame tela pero non a teño. Igual hai que preguntarlle aos traballadores que fan esa folga de brazos caídos, esa folga encuberta, ou que mesmo van a traballar o día da folga.

E vai ter fin isto ou non vai ter fin?
Evidentemente terá fin pronto.

ÚLTIMAS

A rede gastronómica provincial da Deputación

Rematou o Congreso Gastronómico A Provincia que sabe @degustacoruna. 3 días de charlas, degustacións...

Sinalizada, sobre adoquín, a primeira fase do carril bici que une o Paseo cos Cantóns

Anunciaba o Concello a comezos de setembro a acometida da máis que necesaria unión...

A Xunta propón sancionar con 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público a Casa Cornide

A Xunta propuxo unha sanción de 3.000 euros á familia Franco por non abrir ao público...

Unha exposición renderá homenaxe na Coruña ao mestre e humorista Miguel López, o ‘Hematocrítico’

Unha exposición promovida polo Concello da Coruña renderá homenaxe ao autor, mestre e humorista...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here