InicioCAMBREInvestigan un home que cuadruplicaba a taxa de alcolemia por estar parado...

Investigan un home que cuadruplicaba a taxa de alcolemia por estar parado no medio da estrada insconciente

Publicada o

Por editor

Co turismo parado no medio do carril, co motor aceso, coa porta aberta , sentado coas pernas fóra do vehículo e inconsciente.  Así estaba un home no medio e medio da estrada DP-1704 (Cambre-Carral). Foron varios veciños os que avisaron ao 112, que enviaba unha dotación do Subsector de Tráfico da Garda Civil da Coruña e unha ambulancia.

Tras prestar atención médica ao condutor e restablecer a normalidade da circulación pola vía, os gardas civís realizaron ao condutor as pertinentes probas de alcoholemia, devolvéndolle un valor de 1. ,10. mg/l no aire exhalado, sendo a taxa máxima autorizada para este tipo de vehículos 0,25 mg/l.
A Garda Civil procedeu a investigar a esta persoa como presunta autora dun delito contra a seguridade viaria.

Prisión

O Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia lembra que este tipo de delitos leva penas de prisión de tres a seis meses ou multa de doce a vinte e catro meses ou traballo en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, en caso de ser condenado.
Conducir un vehículo despois de inxerir alcol supón un evidente perigo para a circulación, a integridade física dos demais usuarios da vía e a do propio condutor.

ÚLTIMAS

Así vén a Folga Xeral do 11N na Coruña

Este mércores 11 de novembro ten lugar a Folga Xeral convocada por UGT e...

O Palexco acollerá a gala dos 25 anos dos Premios Mestre Mateo

A Coruña volverá ser a capital do audiovisual galego coa celebración da XXV edición...

O persoal da Compañía de Tranvías da Coruña ponse en folga

Os representantes dos traballadores da Compañía de Tranvías da Coruña, composto polas seccións sindicais...

Dani Martín volve á Coruña: o Coliseum acollerá un dos últimos concertos da súa xira polos 25 anos de carreira

O cantante Dani Martín actuará o próximo 26 de xuño no Coliseum da Coruña,...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here