InicioBARRIOSBNG e PP amosan o seu total rexeitamento á cesión da rexeneración...

BNG e PP amosan o seu total rexeitamento á cesión da rexeneración das Xubias a un fondo privado

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

“Moitos dos que falan de pelotazo urbanístico nas Xubias non saben facer unha oración subordinada”, aseguraba a alcaldesa Inés Rey na entrevista que lle fixemos a semana pasada. Pois parece que así entende como é a oposición do pleno coruñés, despois das opinións que veñen de verter hoxe o PP e o BNG, tras coñecer, por primeira vez, o borrador do convenio presentado polo goberno na Xunta de Goberno.

O PP critica a falta de transparencia no sinatura do convenio para a rexeneración de As Xubias, lamentando a falta de información tanto á veciñanza como aos grupos da oposición. O grupo popular insiste en saber se neste convenio se manteñen os criterios proposta en 2022, aprobada pola Xunta de Goberno, que reduciu edificabilidade coa xustificación de protexer o medio paisaxístico.
Critica que o Concello lle ceda ás competencias urbanísticas nesta zona que inclúe As Xubias arriba e abaixo, nas parcelas que anteriormente acollían os asteleiros Valiña, a un fondo de investimento estranxeiro. Ademais de que La Sociedad Castro de Oza S.L., adquiriu case todos as parcelas da zona das Xubias tres días despois de constituírse, en 2023, deixando caer un posible conflito de intereses de novo privados.
Ao mesmo tempo lembra que non se levou a pleno a modificación do plan xeral.

O Bloque lamenta que “Inés Rey opte porque Gingko sexa quen determine a política urbanística municipal para as Xubias”

Mäis grave, se cabe, é a posición contraria do BNG, unha vez que pasa por ser un dos sustentos do goberno socialista. O Grupo Municipal do BNG, que non entende a falta de información, salienta as ausencias do convenio: “non se fala en ningún momento de porcentaxes de vivenda social ou vivenda asequíbel e non se van respectar as determinacións contidas no borrador da modificación puntual do PXOM de 2022”.

Vai máis alá o BNG sinalando que “o Convenio urbanístico aprobado onte na Xunta de Goberno Local Extraordinaria e Urxente só persegue beneficiar os intereses privados de Gingko e en ningún caso aos da cidadanía coruñesa”.

“Pasamos de que a iniciativa sexa pública a que sexa privada. Pasamos de que se comezase cun acordo de suspensión de licenzas e á tramitación dunha Modificación Puntual do PXOM que debería ser aprobado por maioría absoluta e con tres trámites plenarios a un convenio urbanístico e un Plan Especial que se aproba en Xunta de Goberno e logo vótase unha única vez no Pleno da Corporación por maioría simple. Vemos un interese particular do Goberno de Inés Rey para axilizar este asunto”, sinalan desde o Bloque Nacionalista Galego.

Para o BNG son especialmente salientables determinadas ausencias no contido do convenio e nos anexos: “un acordo conciliatorio entre o Concello e os propietarios antigos do Estaleiro Valiña e que se descoñece nin se anexa ao convenio, tamén salientan os nacionalistas que Inés Rey pretendeu vender deste acordo era o impulso ás vivendas sociais e asequíbeis e nada diso se menciona no convenio, nin cantidades, nin porcentaxes nin nada”.

Aseguran que a edificabilidade non sei bai rebaixar como propoñia o borrador inicial, e critican a secuencia de compras de terreos nas Xubias que relata “o propio convenio vén revelar o motivo real polo que non se continuou coa Modificación Puntual do PXOM para a API S-35 “Ría do Burgo””.

Máis novas

A Coruña cede a rehabilitación integral do barrio das Xubias a un fondo de investimentos

(ENTREVISTA) Inés Rey: “Eu arranxo unha rúa e veñen os das tres colindantes a dicirme, a miña para cando?”

A Farruca non poderá saltar polas corredoiras de Visma

 

ÚLTIMAS

Aspanaes inaugura na Coruña un novo centro de atención temperá e psicoeducativo para menores con autismo

Representantes de Aspanaes -- entidade de apoio a persoas con autismo e as súas...

Un coche acaba no tellado dun alpendre tras saír da vía e atravesar varias fincas

Dúas persoas resultaron feridas este sábado tras saírse da vía o turismo no que...

A Coruña atribúe á zona tensionada a contención do alugueiro e reclama á Xunta todos os datos dos contratos

O Concello da Coruña sostén que a declaración da cidade como zona de mercado...

Dúas persoas resultan feridas ao caerlles unha árbore enriba na rúa Barcelona

Dúas persoas resultaron feridas na tarde deste venres na Coruña despois de que unha...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here