InicioSUCESOSUn incendio causado por unha pota esquecida ao lume remata coa intoxicación...

Un incendio causado por unha pota esquecida ao lume remata coa intoxicación dun veciño na rúa San Vicente

Publicada o

Por europapress

Un home tivo que ser evacuado a un centro hospitalario tras sufrir unha intoxicación na cidade da Coruña por inhalación de fume procedente do incendio rexistrado nun apartamento lindeiro. Segundo trasladou este mércores o CIAE 112 Galicia, o incidente produciuse pasada a medianoite do martes ao mércores na rúa San Vicente da urbe herculina. O incendio tivo a súa orixe nunha pota esquecida ao lume nun apartamento da primeira planta dun edificio. O fume afectou a un piso lindeiro que carecía de ventilación e no que se atopaba un home que sufriu unha intoxicación.

Desprazados ao lugar, efectivos de Urxencias Sanitarias 061 evacuaron a este veciño ao Centro Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). Ao lugar tamén acudiron os bombeiros da Coruña, aínda que non foi necesaria a súa intervención porque o incendio xa estaba apagado cando chegaron ao edificio, polo que se centraron en ventilar as instancias do inmoble.

ÚLTIMAS

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...

O festival LGTBIQ+ Norte Cinema Diverso enche a axenda coruñesa

Norte Cinema Diverso chega este ano coa súa cuarta edición que se celebrará do...

Agustín Fernández Mallo reedita ‘Nocilla dream’: “Algún día as máquinas farán novelas tan complexas como as nosas”

O escritor coruñés Agustín Fernández Mallo reeditou a súa novela 'Nocilla dream' (Alfagura) cando...

Avanzan as obras da zona de deportes de praia de San Pedro de Visma

Visita institucional esta mañá para ver como avanzan os traballos da nova zona de...