InicioBARRIOSA Sagrada Familia quece motores para as súas festas

A Sagrada Familia quece motores para as súas festas

Publicada o

Por editor

As familias da A.VV e CC da Sagrada Familia teñen todo preparado para as Festas do Barrio. Do 23 ao 25 ​​de agosto serán tres días de música e actividades para o goce de todo o mundo

O venres 23 comeza a troula de 16 a 20 h no parque de San Rosendo, Xornada da Familia na Sagrada coas SuperCosaS.

Ás 22 horas pregón de Alex Centeno Liste, xornalista, escritor, investigador e veciño do barrio para continuar coa música do DÚO MARACAIBO

Na mañá do sábado, na praza de San Rosendo, inchables e festa da espuma. Ás 13.00 h. Contamos coa actuación da Coral Polifónica do Centro Social Sagrada Familia, para continuar coa sesión vermú, amenizada polo DJ A3060.
A partir das 19:30 h. Cascarillarte con Aurora Performing Arts e Maruxiña.
A partir das 22:00 h. festa con Auxa Romay e DJ A3060.

Xa o domingo, a partir das 13 h. Haberá polbo a prezos populares; e a partir das 13:30 h. sesión vermú coa música de Amizades.

Unha vez rematada a actuación, sortearase unha cea para dúas persoas ofrecida por A Moureira, un local que quixo colaborar con nós este ano.

Durante os tres días de festa terán  á venda unha camiseta exclusiva deseñada por PINTO&CHINTO. Coa compra de cada camiseta sortearase o sorteo da cea.

Máis novas

As Festas de Oza-Gaiteira rescatan a lenda do “Dragón da Gaiteira”

A veciñanza pide rescatar a liña de bus 10 para o barrio da Sagrada Familia

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here