InicioSUCESOSArden seis camións de recollida de lixo nas instalacións de Prezero

Arden seis camións de recollida de lixo nas instalacións de Prezero

Publicada o

Por europapress

Un total de seis camións resultaron calcinados na tarde deste luns en Prezero, a empresa do servizo de recollida de lixo na Coruña, segundo informaron a Europa Press os bombeiros e o servizo de emerxencias 112-Galicia. Neste último recibiuse o aviso sobre as 16.15 horas alertando un particular de que ardían varios camións nunha parcela ao aire libre anexa a unha nave de San Cristovo das Viñas.

Posteriormente, recibiuse a chamada doutras persoas avisando do incendio, que queimou por completo catro vehículos e danou outros dous. Ao lugar, situado na rúa Severo Ochoa, desprazáronse os bombeiros da Coruña, así como efectivos de Policía Local e Policía Nacional e da Agrupacion de Voluntarios de Protección Civil. Estes feitos prodúcense despois de que hai unhas semanas tivese lugar o fin da folga de lixo convocado polo comité, liderado polo Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) e que obrigou ao consistorio herculino a declarar a emerxencia sanitaria.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...