InicioA CORUÑAO Concello da Coruña pide a intervención da Fiscalía sobre o incendio...

O Concello da Coruña pide a intervención da Fiscalía sobre o incendio de camións na empresa Prezero

Publicada o

Por europapress

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, demandou a Fiscalía que investigue o incendio de camións rexistrado o luns na nave de Prezero, a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo.

En declaracións remitidas a medios de comunicación, mostrou o seu rexeitamento ante o que cualificou como “actos vandálicos” despois dun incendio na tarde de onte que afectou a seis camións.

Tras o sucedido, coa intervención dos bombeiros durante varias horas e a apertura dunha investigación por parte da Policía Nacional, a rexedora considerou que se trata dun acto “intencionado”.

“Dos mesmos que queimaban colectores”, apuntou sobre o sucedido durante a folga na empresa do servizo de recollida de lixo convocado polo persoal e o comité, con maioría do Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL).

“É unha resposta á firmeza do concello e a emprea fronte á chantaxe á que foi sometida á cidade”, engadiu nas súas declaracións. Por iso, dixo que solicitaron á Fiscalía que o investigue e actúe no marco da denuncia que formularon.

ÚLTIMAS

Os Mallos, epicentro dun operativo contra a trata para explotación sexual

Varias persoas foron detidas este martes na Coruña no marco dun operativo en distintas...

Manel Cráneo dirixe o cómic colectivo sobre os 50 anos de democracia española

A Delegación do Goberno presentou esta mañá o cómic colectivo ‘50 anos, 10 historias’,...

Cae unha banda que asaltaba gasolineiras e negocios na Coruña con machetes, mazas e patas de cabra

A Garda Civil desarticulou, no marco da operación Patipol, un grupo criminal moi activo...

Cando envellecemos a distintas velocidades

Un barrio con necesidades sen cubrir: o Barrio das Flores afronta o seu 60.º...