InicioSUCESOSTres homes detidos poal Policía Local esta fin de semana por sendos...

Tres homes detidos poal Policía Local esta fin de semana por sendos casos de violencia machista

Publicada o

Por editor

Fin de semana terrible na cidade, con tres intervencións da Policía Local por sendos casos de violencia machista, tendo mesmo que ser trasladada unha vítima ao hospital.

O primeiro suceso acontecía na madrugada do venres, ás 03.30 horas, cando un equipo policial de servizo en prevención da Seguridade Cidadá procedeu á detención dun home de 60 anos de idade como presunto responsable dun delito de violencia de xénero. Os axentes foron testigos da comisión do delito, xa que presenciaran como saíndo dun local de hostalería da zona do Agra do Orzán viron como o home perseguía á muller ata alcanzala e forcexar con ela a pesar dos intentos da mesma de zafarse del.
A muller indicou que non ía presentar denuncia, mais os policías procederon de oficio na detención. O detido foi trasladado a dependencias policiais onde quedou baixo custodia en calabozos.

Ás 22.10 horas do domingo 15 de setembro un home de 34 anos de idade foi detido no interior dun domicilio da avenida de Ramón e Cajal pola súa presunta responsabilidade no concurso dos delitos de violencia de xénero e contra a Administración de Xustiza. A actuación foi practicada por un vehículo patrulla de zona a requirimento dun funcionario tamén deste Corpo, encargado da protección dunha muller vítima de violencia de xénero. Este último informaba de que a súa protexida, momentos antes, requiriuno dado que a súa exparella, da que consta unha orde de afastamento, estaba esnaquizando unha das estancias da vivenda.
A exparella, vive coa muller pese á vixencia da orde de afastamento e baixo a conformidade dela. O home, que manifestou que padece un trastorno mental, foi detido e trasladado ao CHUAC para valoración por especialistas en psiquiatría.

Tamén ás 05:30 horas do luns 16 de setembro nun domicilio privado da rúa Industrial, procedeuse á detención dun home residente no mesmo, de 29 anos, pola súa presunta responsabilidade nun delito de violencia de xénero perpetrado sobre a súa parella habitual e coa que reside no mesmo.
Os funcionarios policiais foron requiridos vía 092 pola tía da vítima, a cal denunciaba que minutos antes escoitou berros e golpes na habitación da súa sobriña. Ao dirixirse á mesma viu como o seu familiar sangraba por unha das súas mans, observando tamén como as paredes e chans da estancia estaban cheos de manchas de sangue.
A vítima, pola súa banda, relatou que tras unha discusión coa súa parella, esta comezou a agredila. Foi preciso requirir os servizos dunha ambulancia do 061 para o traslado da vítima ao CHUAC para a curación das feridas que presentaba. Procedeuse á detención do home, sendo trasladado a dependencias policiais do Lonzas onde ingresou en calabozos.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here