InicioCULLEREDOOs Galicreques volven invadir O Burgo

Os Galicreques volven invadir O Burgo

Publicada o

Por editor

O Concello de Culleredo ultima os preparativos para a celebración do XXIX Festival Internacional Galicreques 2024, que se inaugurará este venres 11 de outubro co representación da obra ‘Emotivas’, da compañía Titiritres e dirixida a a público familiar a partir de 3 anos.

Será no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples O Burgo a partir das 19:30 h. horas.
‘Emotivas’ é un traballo que trata sobre a amizade dos seus protagonistas, Melancolía, Irritación e Seguridade, que fan unha viaxe polo mundo dos sentimentos.

Este é o primeiro espectáculo da XXIX edición do Festival Internacional Galicreques, que en 2024 acollerá tres funcións máis, previstas para o venres, día 18, xoves 24 e venres 25 de outubro.

Todas as actuacións serán no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples O Burgo a partir das 19:30 h.
As entradas son gratuítas ata completar aforo e non é necesario facer ningunha tipo de reserva previa.

ÚLTIMAS

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...

A Fiscalia investigará as ameazas de bomba en colexios da Coruña

A Fiscalía Provincial da Coruña abriu de oficio dilixencias de investigación tras os falsos...

A Coruña, á cabeza dos gases invernadoiro en Galicia, segundo o Observatorio Galega dá Acción Climática

A Coruña é a provincia que lidera a emisión de gases de efecto invernadoiro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here