InicioCULTURAO Samaín revive a Castelao

O Samaín revive a Castelao

Publicada o

Por editor

Por segundo ano e de xeito coordinado a Federación de asociacións culturais galegas Galiza Cultura organiza en distintas vilas do país a lectura pública de ‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’, publicada en 1922 pola Editorial Céltiga de Ferrol.
Unha obra curta na que un esqueleto narra as súas peripecias dunha existencia máis aló da morte.

Unha lectura teatralizada, diversas lecturas públicas, foliadas, magostos, sorteos de libros, ruadas, baleirado de cabazas e mesmo unha queimada son as distintas actividades que ao longo do país van celebrar o Samaín e a data dos defuntos e das defuntas tomando como punto de partida a obra de Castelao.

Deste xeito, os actos dan comezo na cidade da Coruña, o xoves día 31, a partir das 19.30 horas. Nesta cita realizarase unha lectura teatralizada no Paraninfo da Universidade na rúa Maestranza. Sobre o escenario, e mediante a sucesión das intervencións dun elenco de actores e actrices caracterizados, desvelaremos cales son esas memorias, as vivencias que existen no máis alá e como, quizais, a morte se asemella demasiado á vida. E se o ano pasado, nesta actividade participaban as entidades Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, a Asociación Veciñal, Cultural, Deportiva e Recreativa Agra, a Agrupación Cultural Tempo Novo e a Asociación Cultural O Facho, desta volta súmase tamén a Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal.
Para rematar, un magosto baixará o pano a esta actividade ‘arrepiante’ co que se celebrará na cidade herculina a chegada do Día de Defuntos e Defuntas tan arraigado na nosa cultura popular.

Tamén haberá lecturas en O Carballiño, Ourense, Ferrol ou Gondomar.

A actividade realizase grazas ao programa FO203 de subvencións a entidades sen fins de lucro para a realización de actividades culturais durante o ano 2024 da Área Cultura da Deputación da Coruña.

ÚLTIMAS

Así sairán e entrarán os autobuses na nova terminal que abrirá o 3 de novembro

A Xunta abrirá o próximo 3 de novembro a terminal de autobuses da estación...

(Vídeo) Extinguido o gran incendio en Visma que cubriu de negro o ceo de Arteixo

O incendio declarado este domingo na parroquia de Visma, na Coruña, quedou extinguido durante...

O CIFP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional e téxtil

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro Centro de Referencia...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here