InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIO"Os tempos son chegados": Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os...

“Os tempos son chegados”: Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

Publicada o

Por "Os tempos son chegados": Monge consegue o compromiso municipal para eliminar os 378 símbolos franquistas da cidade

Terceira vez que se presenta no Escano Cidadán o histórico concelleiro Manuel Monge. Como sociólogo, investigador e vítima do franquismo, e despois das visitas de 2020 e 2023, Monge voltou ao pleno deste xoves 7 de novembro, para esixir que o goberno municipal da Coruña retire os 378 elementos contrarios á memoria democrática, “unha vergoña para A Coruña”.

“Eu non quero que A Coruña sexa a capital da simboloxía franquista”, sinalou rotundo, lembrando que eses 378 elementos “son ilegais, segundo a Lei de Memoria Democrática (LMD) de outubro de 2022”. “Hai que cumprir con esta lei, ou non?”, preguntoulle á rexedora.

Lembrou casos concretos, como o de José Calvo Sotelo, que aínda conserva oito distincións: dúas rúas, retrato, Fillo Adoptivo, dá nome a un peirao… pero o alcalde de Curtis do PP xa retirou a súa rúa en Teixeiro, por exemplo.
Puxo tamén de relevo o caso do Alcalde Sanjurjo de Carricarte, que mantén unha rúa co seu nome (e un busto na parte traseira do palacio municipal), a pesar de que mesmo o Consello escolar do centro educativo xa mudase o seu nome ao de CEIP Torre de Hércules. Outra demostración de que a sociedade civil vai por diante da administración.

A resposta do goberno

A resposta municipal púxoa o edil Gonzalo Castro, que recoñeceu o traballo de Monge na defensa da democracia e na loita pola memoria histórica. “Estou dacordo con que os tempos son chegados e que non hai lugar á simboloxía franquista”, sinaltou rotundo. “Hai que facelo, rápido pero tamén ben, avisou”, anunciando que o Instituto Jose Cornide elaborará unha actualización dos informes actuais “que permita abordar con rigor a restitución da memoria democrática e a neutralizar o esquecemento”.

Castro reafirmou así o “compromiso municipal de impulsar a actualización do estudo” confirmou que “imos avanzando” intententando “mellorar a interlocucion” coas entidades.

Intervencion de Monge no pleno da Coruna
Edís socialistas e nacionalista atendendo á exposición de Monge

Resumo do pleno de hoxe

O goberno anuncia no pleno a anulación das licencias das Percebeiras para reducir a edificabilidade

Máis novas

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

Manuel Monge: “O importante é saber a quen serve Feijóo e os pasos que foi dando para defender os ricos”

“A existencia destes 38 restos do franquismo é unha ilegalidade, unha vergoña para a Deputación”

A CRMH da Coruña escolle a Jesús Castro Vidal como Republicano de Honra 2024

 

ÚLTIMAS

O Concello da Coruña saca a licitación a elaboración do Plan de Normalización Lingüística

O Concello sacou a licitación a asistencia técnica para elaborar o Plan de normalización...

De quen é a Casa Escariz?

A da Casa Escariz é unha historia singular. O mítico edificio que preside a...

Novas inundacións na Coruña tras as fortes chuvias

Os episodios localizados de fortes choivas que se rexistraron na tarde deste xoves en...

Música tradicional, obradoiros, baile e folck na tradicional Romaría de Santa Margarita

A Romaría de Santa Margarita pechará este fin de semana a programación das Festas...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here