InicioBARRIOS#ParquedaAgraXa: O clamor da Agra do Orzán por unha zona verde volveu...

#ParquedaAgraXa: O clamor da Agra do Orzán por unha zona verde volveu invadir as rúas

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Xornada emotiva, festiva e reivindicativa a que se viviu esta pasada noite de xoves 7 de novembro no barrio da Agra do Orzán. A veciñanza respondeu á chamada da Asociación veciñal, cultural, deportiva e recreativa do barrio da Agra do Orzán “AGRA” e acompañou unha manifestación moi gaiteira dende a praza das Cunchiñas ata a porta do Observatorio.

Levan 50 anos reclamando un pouco de verde nun dos barrios máis poboados da cidade, pero non cansan de repetilo. Membros da Asociación levan anos concentrándose cada xoves en María Pita, pero a xente cansa de reclamar e non recibir nada máis que “palabras baleiras e promesas falsas”, como recoñece unha das voceiras da entidade, Flor Antelo.

E o barrio respondeu, esixindo que antes de nada, cumplan a promesa para tirar o “muro da vergonza”, o muro da rúa Canceliñas, que permitiría abrir un pequeno espazo verde no corazón do barrio, nos terreos do Observatorio. “Só teñen que poñerse en contacto dúas administracións do mesmo partido, e hai partida para tiralo abaixo xa. Non entendemos que pasa”, protesta. “Teñen que cumplilo”, esixe.

Manifestacion Parque da Agra Xa 1
A manifestación parou diante do muro da Canceliña

Que pide a veciñanza

A veciñanza necesita un parque en condicións, pero conscientes da problemática urbanística, e máis despois de ocupar a zona de Visma-A Gramela con outros 30 edificios, apenas piden a apertura da zona do Observatorio, o Campo da Burra.

”Naturalizar as nosas cidades non é só unha cuestión de estética, senón de saúde e benestar. Defendemos un modelo de cidade máis sostible e habitable”, explican.

A día de hoxe, o barrio conta con apenas 1 decímetro cadrado por cada un dos seus 30.000 habitantes (un cadradiño de 10 cm.), cando a Organización Mundial da Saúde (OMS), recomenda entre 10 e 15 metros cadrados por habitante.

Para chegar a esas cifras o barrio debería contar máis de 300.000 metros cadrados de espazos verdes, pero sabedores da imposibilidade, apenas piden un espazo que permitiría chegar a 0,5 metros cadrados de espazo verde por habitante. Unha esmola, en calquera caso, ao que se seguen enfrontando as administracións.

A veciñanza seguirá concentrándose cada primeiro xoves de mes, coincidindo co pleno, ás portas do Palacio de María Pita.

MÁIS NOVAS

Campo da Burra: Por un parque na Agra do Orzán Xa!

O novo Parque da Agra terá a sombra das vivendas de Cebrián

Así será o primeiro edificio da macrourbanización de San Pedro de Visma

A veciñanza da Agra do Orzán volve á rúa ante a “inoperancia” do Concello co Parque da Agra

ÚLTIMAS

Os 10 Samaweens que fan barrio na Coruña: Comezamos por Monte Alto

Ao longo da semana imos completar a axenda que se nos vén enriba esta...

O Samaín volve descubrir o Ollo de Vidro de Castelao polo Día de Defuntos

Por cuarto ano consecutivo, a Federación de asociacións culturais Galiza Cultura, a través da...

Feijóo volve a Galicia esta fin de semana para mitinear na Coruña

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, volverá a Galicia por segundo fin de...

A Asoc. Galega de Software Libre lanza un concurso para mellorar a xestión das instalacións deportivas municipais galegas

En moitos concellos galegos, especialmente nos máis pequenos, a reserva de instalacións deportivas aínda...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here