InicioMOV. SOCIAISO estudantado coruñés berrou alto o "Valencia non estás soa"

O estudantado coruñés berrou alto o “Valencia non estás soa”

Publicada o

Por editor

Centos de estudantes das universidades coruñesa secundaron a convocatoria do Sindicato de Estudantes para realizar unha folga xeral estudiantil. Máis dun centenar acodiron á concentración convocada para este mediodía no Obelisco, par trasladar unha mensaxe clara: “Valencia non estás soa”.

O estudantado, ademais de amosar ese lazo de solidariedade e unidade cos seus compañeiros do outro lado da península, tiveron arengas críticas para todas as administracións e partidos. Dende o “Mazón Dimisión”, ao “Pedro Sánchez tamén es culpable” pasando por “Santiago Abascal, limpa o lodazal” resoaron no centro da Coruña.

Concentracion Sindicato Estudantes Coruna Valencia 3

Manifesto

O manifesto do Sindicato esixe a dimisión inmediata de todo o Govern de Mazón, así como o xuízo e castigo exemplar aos responsables políticos de tantas mortes, sufrimento e dor.
Pide ademais ao Goberno central a aprobación dun decreto de emerxencia que garanta a atención médica gratuíta e inmediata a todos os afectados. E que se obrigue por outro decreto a Mercadona e a todas as multinacionais que se enriqueceron á costa da cidadanía, a poñer ao dispor da poboación afectada, de forma gratuíta, todos os alimentos e produtos que se necesitan.

Esixen tamén que o Goberno central decrete a intervención de hoteis e pisos turísticos para garantir o aloxamento gratuíto das familias que non poden vivir nas súas casas. Que aprobe outro decreto de emerxencia para que se suspenda o pago dos alugueres das familias e persoas afectadas e non se reclamen posteriormente.

E finalmente, piden que se tomen medidas enérxicas contra o cambio climático e a destrución do medio ambiente. “Abonda que necios negacionistas de extrema dereita sexan os que controlen o urbanismo nas cidades. Abonda que as empresas se forren coa especulación inmobiliaria e constrúan vivendas en terreos inundables”, sentencian rotundos.

Máis novas

Razón e coñecemento sobre a emoción e a opinión

O Sindicato de Estudantes saíu á rúa ante o xenocidio sionista contra o pobo palestino

 

ÚLTIMAS

(VÍDEO): Desaloxan varios colexios da Coruña tras recibiren sendas falsas ameazas de bomba

Mañá axitada en varios colexios da cidade. Os CEIP Zalaeta, CEIP Raquel Caamacho, o...

Máis dun centenar de obras preséntanse aos Premios Mestre Mateo, con entrega de galardóns en febreiro

Un total de 155 obras presentaron candidatura aos XXV Premios Mestre Mateo, cuxa gala...

A Coruña aposta por un Nadal “sustentable e responsable” nunha nova edición da Casa dos Xoguetes

O Concello da Coruña, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC),...

O coruñés Daniel Agra regresa ao India Photo Fest con catro fotografías

O artista galego Daniel Agra presenta catro fotografías da súa serie Tesseract Daydreams no...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here