InicioSOCIEDADEDispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

Dispositivo especial de seguridade este sábaod para o encontro Deportivo-Sporting de Xixón

Publicada o

Por monchomarino

A Policía establecerá un dispositivo especial desde o sábado polo partido que enfrontará o domingo, ás 16.15 horas, ao Deportivo e ao Sporting de Xixón e que foi declarado de alto risco. Así se acordou na Xunta de Seguridade celebrada este xoves e que estivo presidida pola subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

As principais medidas acordadas é reforzar a presenza policial e a activación do dispositivo desde a xornada previa. Será con medios para atender os arredores do estadio de Riazor e diferentes puntos da cidade.

O operativo contará con tres grupos da Unidade de Intervención Policial (UIP), axentes da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) equipo de información e guías caninos, especialistas do Tedax, a unidade de subsolo e protección ambiental, ademais de medios aéreos, como un helicóptero e varios drones.

Establecerase, así mesmo, un centro de mando na comisaría de Lonzas con presenza tamén da Policía Local. A subdelegada do Goberno mostrou a súa confianza en que o partido transcorra con total normalidade, garantindo a seguridade de toda a cidadanía.

ÚLTIMAS

(Vídeo) Un gran incendio en Visma cobre de negro o ceo de Arteixo

A parroquia de Visma, na Coruña, rexistra na tarde deste domingoe un gran incendio...

Unha nova limpeza no Orzán eliminou 105 kg do noso mar

A praia do Orzán acolleu este sábado outra xornada de limpeza ambiental que resultou...

Con permiso de la autoridad eclesiástica, premio á mellor cutrometraxe no Intersección da Coruña

Intersección, o Festival Internacional de Cine da Coruña, deu a coñecer o palmarés da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here