InicioCULTURAO Colón prepárase para a Gran Noite Coruñenta coa presentación do docu...

O Colón prepárase para a Gran Noite Coruñenta coa presentación do docu Bravú XXX

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois da máxica previa que nos renderon os Diplomáticos en Monte Alto, este venres 22 de novembro chega a “Gran Noite Coruñenta”.

Coincidindo cos 30 anos do nacemento do bravú (nacía un 31 de outubro do ano 1994, en Viana, unha aldea de Chantada, entre un fato de grupos de todo o país), este venres o Teatro Colón acollerá a presentación do documental “BRAVÚ XXX”, feito por NosTelevisión.

A cita deste venres, a partir das 21:00h e con entrada de balde, será guiada por Xurxo Souto, que convirte cada evento nunha festa, un dos fundadores dos Diplomáticos de Monte Alto, que xunto cos Papaqueixos, foron os dous representantes herculinos naquela “cea de Viana”.

Ademais da proxección de dito documental, poderase disfrutar da actuación en directo de Orquestra Bravú Xangai, a banda actual de Xurxo, con colaboracións de músicos moi especiais e ligados ao bravú.

Ao escenario subirán cantar e tocar temas coa Orquestra Bravú Xangai músicos como Sés,
Xosé Manuel Pereiro (o Joni Rotrin dos Radio Oéano), Gabi dos Vacalouras, Richi dos Rastreros, Benxa dos Impresentables ou Rafa do Caimán do Río Tea, entre outras sorpresas, nunha noite única para celebrar o bravú.

Máis novas

Monte Alto redescubriu ás orixes dos Diplomáticos e o movemento bravú

Xurxo Souto: “Na Coruña somos un dos lugares con maior número de galegofalantes”

A Gran Festa VigoCoruñenta Pangalaica

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here