InicioCULTURAO Morriña Fest 2025 celebrarase os días 25 e 26 de xullo

O Morriña Fest 2025 celebrarase os días 25 e 26 de xullo

Publicada o

Por europapress

O Morriña Fest celebrará a súa quinta edición na Coruña os días 25 e 26 de xullo de 2025. Proximamente anunciaranse os primeiros artistas e a saída a venda dos abonos, segundo informa o Concello da cidade herculina. Para o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro “nos últimos tres anos quedou demostrado que o Morriña atrae a moita xente e é xa un dos eventos máis esperados do ano na cidade”. Na edición deste 2024 máis de 40.000 persoas asistiron ao festival.

O evento, engade o consistorio, significou tamén a apertura dos peiraos á celebración de grandes concertos e actividades culturais, algo que xa é habitual durante o período estival. Artistas como Rels B, Aitana, Duki, Crystal Fighters, Black Eyed Peas ou Nicky Jam actuaron, entre outros, no Morriña Fest nos últimos anos.

ÚLTIMAS

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...