InicioM.AMBIENTE E PATRIMONIODemandan un acordo institucional para instar ao Estado a que non apele...

Demandan un acordo institucional para instar ao Estado a que non apele a sentenza sobre a cesión do antigo cárcere

Publicada o

Por europapress

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña demandou un acordo entre administracións, institucións e grupos políticos para instar ao Estado a que non interpoña un recurso de apelación contra a sentenza dun xulgado coruñés que eximiu ao Concello de abonar máis de 15 millóns de euros á Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penais e da Seguridade do Estado (Siepse) pola cesión desta infraestrutura, declarando nulo o convenio de permuta do 2005.

Segundo esta Comisión, a firmeza da devandita sentenza posibilitaría un convenio para a cesión gratuíta do edificio e os terreos da antiga prisión, así como o financiamento estatal para a súa rehabilitación e posta en valor. Nun comunicado, reivindicou que, de confirmarse, a sentenza evitaría “un manifesto enriquecemento inxusto do Estado, dado que o convenio do 2005 obrigaría a abonar un gran desembolso económico ao Concello por un edificio construído en terreos que foron cedidos en 1925 para uso de prisión, sen que o Estado procedese á súa devolución gratuíta, unha vez desafectados no 2009”. “Unha reversión gratuíta que si efectuou o Estado noutras prisións, como os casos de Zamora ou de Granada”, engadiu.

ÚLTIMAS

Ponse en funcionamento a estación intermodal de autobuses con profundos cambios nas liñas

Hoxe martes 3 de novembro, ten lugar a pertura da estación intermodal de autobuses...

Despregan unha faixa denunciando as 20.000 vivendas baleiras da cidade

A organización xuvenil do BNG na Coruña, realizou un despregamento de tres faixas no...

Retencións de cinco quilómetros na AP-9 á saída da Coruña por un accidente en Cambre

Un accidente de tráfico rexistrado esta mañá de martes na AP-9, á altura do...

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...