InicioBARRIOSAdxudicadas as obras de humanización do primeiro treito da rúa Sagrada Familia

Adxudicadas as obras de humanización do primeiro treito da rúa Sagrada Familia

Publicada o

Por editor

Vén de anunciar o Concello da Coruña a adxudicación dos traballos de reurbanización e humanización da rúa Sagrada Familia. O proxecto supón a reurbanización do treito comprendido entre as rúas Nosa Señora da Luz e San Xaime, o que suporá unha mellora de aproximadamente 1.640 metros cadrados, que conta cun orzamento de máis de 673.000 euros e ten unha duración estimada de sete meses, divididos en tres fases.

Mapa Obras Sagrada Familia

A intervención transformará a calzada e as beirarrúas actuais nunha plataforma única, elevando a calzada á altura das beirarrúas para crear un tramo de prioridade peonil.

Tamén se renovará a rede de saneamento, iluminación pública e pluviais, dotando a rúa dunha infraestrutura renovada tanto na parte visible coma na soterrada. Ademais, dotarase
ao espazo de novo mobiliario urbano-

Ademais, no 2025 abordarase o seguinte tramo da rúa, completando deste xeito a Rolda Peonil que conecta San Diego coa Agra do Orzán, dando continuidade ao percorrido configurado con outros traballos como os das rúas Ramón Cabanillas e Alcalde Marchesi.

 

ÚLTIMAS

“Foliada”, a nova APP para consultar e compartir cantigas galegas

Xa coñecemos as aplicacións ”Breogán” e ”Carmucha”. Ferramentas dixitais que espallan a nosa música...

Mar de Fábula e persoas privadas de liberdade do CIS constatan o regular estado de saúde do Areal da Torre

A pasada semana, o areal da Torre acolleu a quinta acción ambiental deste ano...

A Coruña acollerá en maio a primeira escala en Europa da regata do centenario do Juan Sebastián Elcano

A Coruña será a primeira escala europea da regata do centenario do Juan Sebastián...

Volotea incorpora 6 novas rutas desde o aeroporto da Coruña

A compañía aérea Volotea operará finalmente 6 novas conexións co aeroporto da Coruña. Ás...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here