InicioMOV. SOCIAISO servizo de Teleasistencia da Cruz Vermella coida máis de 2.200 maiores...

O servizo de Teleasistencia da Cruz Vermella coida máis de 2.200 maiores na Coruña

Publicada o

Por editor

Recibía esta mañá a sede da Cruz Vermella da Coruña, a visita institucional comandada pola concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, Nereida Canosa. O presidente provincial da entidade, Manuel Viqueira, e as responsables Carmen Reigía e Cristina Méndez, acompañaron e debullaron a labor deste servizo esencial que atende a máis de 2.200 persoas na cidade.

O servizo de teleasistencia municipal combina tecnoloxía avanzada con atención humana personalizada. Entre as súas funcións destacan a resposta inmediata ante emerxencias, o seguimento a través de chamadas programadas e o uso de dispositivos como detectores de caídas, gas ou fume, que incrementan a seguridade nos fogares das persoas usuarias.

Son varios datos singulares do servizo: Das 2.265 persoas atendidas, o 82% son mulleres e a idade media é de 84 anos.
Para dar conta da importancia, só neste 2024, foron rexistradas e atendidas 706, sendo as caídas a causa máis habitual (31,2%). 

A entidade destaca que o servizo é gratuíto para as persoas usuarias, grazas a un investimento anual de 265.000 euros por parte do Concello, en paralelo ao servizo que ofrece a Deputación.

En definitiva, “unha ferramenta esencial na detección e atención de persoas en situación de soidade non desexada”.

 

ÚLTIMAS

Ferido grave un mozo de 18 anos tras ser atropelado por un coche no paseo marítimo

Un mozo de 18 anos resultou ferido grave na Coruña tras ser atropelado por...

Centos de persoas protestan contra Vito Quiles na Coruña: amplo despregamento policial e berros contra o fascismo

Varios centos de persoas secundaron unha protesta na Coruña contra o "fascismo" ante a...

A Fiscalia investigará as ameazas de bomba en colexios da Coruña

A Fiscalía Provincial da Coruña abriu de oficio dilixencias de investigación tras os falsos...

A Coruña, á cabeza dos gases invernadoiro en Galicia, segundo o Observatorio Galega dá Acción Climática

A Coruña é a provincia que lidera a emisión de gases de efecto invernadoiro...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here