InicioBARRIOSAberto o prazo para a inscrición nas festas e talleres infantís de...

Aberto o prazo para a inscrición nas festas e talleres infantís de Nadal dos centros cívicos da Coruña

Publicada o

Por editor

O Concello da Coruña organiza festas e talleres infantís dentro da programación municipal de Nadal. No marco do programa de actividades e actuacións de Nadal, e co obxectivo de facilitar a conciliación durante estas datas festivas, os centros cívicos dos barrios acollerán festas, obradoiros e visitas orientadas a nenos e nenas en idade infantil.

A partir deste venres, 13 de decembro, é posible inscribirse nas diferentes propostas. Para facelo, as persoas responsables das crianzas deberán acudir ao centro cívico no que queiran que participe o neno ou a nena. A inscrición levarase a cabo na conserxería do centro por
orde de chegada ata completar a capacidade de cada acto. A participación é gratuíta e as e os participantes deberán ir acompañados/as dunha persoa adulta.

Programación completa

Talleres infantís e visita de Papá Noel

  • Sábado 21 de decembro, a partir das 10.30 horas, en Feáns, Castro de Elviña, Artesáns e Santa Lucía.
  • Domingo 22 de decembro, a partir das 17.30 horas, na Sagrada Familia, Pescadores e A Silva.

Festas infantís e visita dos Reis Magos

  • Venres 27 de decembro, a partir das 17.30 horas, en Novo Mesoiro, Elviña e Os Rosales.
  • Sábado 28 de decembro, a partir das 17.30 horas, en Labañou, Monte Alto e Palavea.
  • Domingo 29 de decembro, a partir das 17.30 horas, en Cidade Vella, O Castrillón e Novoboandanza.
  • Venres 3 de xaneiro, a partir das 17.30 horas, en San Diego, Monelos e San Pedro de Visma.
  • Sábado 4 de xaneiro, a partir das 17.30 horas, nos Mallos e Eirís.

Ver o programa de Nadal:

Os 3,6 millóns de luces de Nadal

ÚLTIMAS

Centos de antifascistas calan a uns poucos simpatizantes de Vox na Coruña

Centos de persoas concentráronse este sábado na Praza de Lugo, na Coruña, en protesta...

O arquitecto paisaxista coruñés Aritz Sáez Aróstegui gaña un premio internacional

Semana axitada e viva para Aritz Sáez Aróstegui en Barcelona. O arquitecto e paisaxista...

Así fan barrio os comercios nos Mallos e Monte Alto polo Samaín

Arrincaron as celebracións do Samaín/Haloween/Samaween nos nosos barrios. Xa son moitos os anos nos...

Os vínculos familiares, protagonistas do Cormorán Film Fest

Xa está en marcha a sétima edición do Cormorán Film Fest, que se celebrará...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here