InicioA CORUÑAO BNG reclama "solucións" para garantir as axudas de mariscadores da ría...

O BNG reclama “solucións” para garantir as axudas de mariscadores da ría do Burgo

Publicada o

Por europapress

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Secretario de Estado de Medio Ambiente “solucións inmediatas” para garantir as axudas das mariscadoras da ría do Burgo mentres exista o parón da actividade.

Por iso, esixiu ao Goberno a tomar unha “posición activa” que contribúa a facer fronte á situación mantendo as axudas económicas “mentres non se poida” retomar a actividade e negociar coa Xunta.

As axudas aos mariscadores volve ao Congreso mediante dunha pregunta do BNG ao Secretario de Estado de Medio Ambiente co obxectivo de “exercer presión” sobre o Goberno e “garantir a continuidade” das mesmas ata que se tome a actividade.

“Farían ben en ser minimamente sensibles a unha situación que, sendo un colectivo non moi numeroso, non deixa de ser menos dramática. Hai que actual en consecuencia: quen ten a capacidade de negociar coa Xunta é o Ministerio. Non poden trasladar esa responsabilidade aos mariscadores”, asegurou Rego.

ÚLTIMAS

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...

A Xunta di non ter constancia de “tantas queixas” co problema de buses na Intermodal da Coruña

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, admitiu posibles "desaxustes" nalgún servizo...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...