InicioSOCIEDADEA Universidade da Coruña prohibirá o consumo de tabaco ou 'vapers' en...

A Universidade da Coruña prohibirá o consumo de tabaco ou ‘vapers’ en todos os espazos dos seus campus

Publicada o

Por europapress

A Universidade dá Coruña (UDC) aprobou o plan ‘Campus sen fume’ para prohibir o consumo de tabaco ou ‘vapers’ en todos os espazos dos seus campus, interiores e exteriores, para mostrar o seu “compromiso” cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) da ONU.

Así, a iniciativa ‘Campus sen fume’ entrará en vigor este curso académico 2024/2025, primeiro no campus de Ferrol e máis adiante, de maneira progresiva, nos diferentes campus da Coruña. Unha vez se publique esta norma no taboleiro electrónico da universidade, o incumplimeinto poderá chegar a supor sanción.

Segundo comunicou en nota de prensa, a UDC instalará carteis na entrada de todos os seus inmobles, tanto nas facultades, como nas bibliotecas ou nos edificios con outras funcións. Ademais, eliminará os cinceiros e papeleiras dispostas na actualidade para as cabichas.

Doutra banda, buscará promover “a saúde da comunidade universitaria” a través de “accións de sensibilización, formación e apoio” que ofrecerá a todas as persoas membro que desexen deixar de fumar ou vapear. Farao da man de entidades externas, tales como a Asociación Española contra el Cáncer ou a Red Española de Universidades Promotoras de Salud (REUPS).

ÚLTIMAS

Crean unha plataforma na Coruña para defender ás persoas sancionadas na protesta contra Vox

Nace hoxe a Plataforma Antirrepresiva da Coruña (PAC). Faino tras os disturbios e as cargas...

Vioño e Abelleira lideran a 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña

A 22ª Liga Interclub de Mus da Coruña, organizada pola Asociación Amigos do Mus...

A XGL destina 3 millóns de euros a mellorar a extinción de incendios e a executar orzamentos participativos

O Concello da Coruña aprobou este luns en Xunta de Goberno Local os trámites...

FAVA Coruña escolle á Fundación Salma e o Viñetas do Atlántico nos Premios COGAVE 2026

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana anuncia os galardoados dos...