InicioSOCIEDADECondenado a dous anos de prisión por agresión sexual a un menor...

Condenado a dous anos de prisión por agresión sexual a un menor de 14 anos na Coruña

Publicada o

Por europapress

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a dous anos de prisión a un home por agresión sexual a un menor de 14 anos. Faino despois de que aceptase no xuízo os feitos e a correspondente pena. Segundo recolle o fallo, o procesado e o menor contactaron e acordaron atoparse na cidade herculina. O mozo asegurou querer manter relacións sexuais e cobrar por elas.

O menor acudiu ao domicilio do agora condenado pero, nese momento, decidiu non seguir adiante e rexeitou a posibilidade de ter relacións sexuais. Díxolle que lle mentiu e que tiña 14 anos, tratando de marcharse o que, recolle o fallo, o procesado impediulle producíndose a agresión sexual, estando o menor “bloqueado nese momento” e sen saber “reaccionar nin defenderse”. Despois, deulle dez euros e díxolle que se marchase. O mozo contou o sucedido aos seus pais formalizando logo denuncia. Desde entón, presenta tensión postraumática.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...