InicioSOCIEDADEAlas Coruña destaca que a sentenza do caso Samuel "xere conciencia"

Alas Coruña destaca que a sentenza do caso Samuel “xere conciencia”

Publicada o

Por editor

O colectivo LGTBI Alas Coruña espera que a sentenza polo asasinato de Samuel Luiz — con penas de entre 24 e 10 anos de cárcere para os catro novos considerados culpables, un como cómplice, xere conciencia para que feitos así non volvan ocorrer.

En declaracións a Europa Press, a súa presidenta, Ana García, rexeita “celebrar as penas impostas” despois de que esta entidade exercese a acusación popular no xuízo. “Falamos de reparación aínda que os anos que pasen non van devolver a vida a Samuel, por iso é díficil valorar as penas”, aseverou.

Ademais, insiste na importancia de falar de reinserción para que cando os condenados saian — tres deles en prisión e pendentes dos recursos que como o caso do cuarto considerado cómplice presenten ou poidan presentar os seus avogados — “se poidan presentar correctamente na nosa sociedade”.

“E teñan acompañamento psicosocial para que sexa así, o sistema penal e de prisións está enfocado a iso á reinserción”, incide para, a colación, remarcar o fallo “minucioso” e “fundamentado” da maxistrada-presidenta no xuízo con Tribunal do Xurado. “É unha sentenza que envía unha mensaxe moi clara, que actos desta gravidade non poden quedar impunes nunha sociedade democrática, que sirva para seguir creando conciencia e traballando para que algo así non volva ocorrer na nosa sociedade”, recalca.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here