InicioCULTURAPedralonga Estudos xestionará o centro de produción virtual "Coruña Estudio Inmersivo"

Pedralonga Estudos xestionará o centro de produción virtual “Coruña Estudio Inmersivo”

Publicada o

Por editor

A Deputación da Coruña e Pedralonga Estudos asinaron o contrato para a xestión do estudio virtual Coruña Estudio Inmersivo.

Coa firma deste documento, a sociedade será a encargada da xestión e explotación do centro de produción virtual VPxR, promovido pola Deputación no marco do proxecto ‘Ecosistema Dixital do Sector Audiovisual de Galicia – Coruña Estudo Inmersivo’.
O contrato será por un período de 20 anos prorrogables por outros 5 anos máis.

O Coruña de Estudio Inmersivo, o maior estudio de producción audiovisual virtual de España que entrará en funcionamento a principios de 2025, supón un investimento de preto de 9 millóns de euros, cofinanciados entre a Deputación e o Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, para dotar á Coruña dun plató virtual dotado da tecnoloxía máis innovadora, proporcionada por Telefónica.

O novo CEI “vai significar unha realidade audiovisual moi distinta en Galicia e en España”, sinlaou o presidente da Deputación Valentín González Formoso. “Ofertamos ao sector unha ferramenta única en España e que lle vai permitir competir a nivel global en todas as plataformas audiovisuais que operan no mercado”, apuntou antes de recoñecer a “complexidade” do proceso e agradecer a implicación “do persoal funcionario da Deputación e de todas as forzas políticas”, así como “o asesoramento do sector audiovisual a través do Clúster”. “Todo isto permitiu que esta realidade se poña en marcha e permita que o talento que xa agroma en Galicia tamén se comercialice, que se impulse dun xeito moi superior”, finalizou.

“Temos peticións de fóra porque é unha infraestrutura moi potente que tamén pode acoller publicidade, videoxogos… hai un rango de potenciais clientes moi grande e aspiramos a que tamén veñan rodaxes internacionais, claro”, especificou o presidente do Clúster Audiovisual Galego, que conforma Pedralonga Estudios, S.L. xunto coa Universidade da Coruña e Portocabo, Vaca Films, Tex45 Produccións, Voz Audiovisual, Congo Producciones, Zénit Televisión, Producciones Audiovisuales Sete Media, Undodez, Avendaño Estudio e Centro de Estudios Marcote.

O presidente da institución provincial, Valentín González Formoso, e os responsables de Pedralonga, Francisco De Borja Pena e Jesús Manuel López, foron os encargados de pór a firma a este contrato.

 

 

ÚLTIMAS

As traballadoras das residencias privadas reclaman mellores condicións para poder dar unha atención de calidade

Nova mobilización polas rúas da Coruña (é raro día que non haia colectivo denunciando...

As traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais sacan a careta a Borrego

Despois de meses esperando que o Concello cumprise as súas preguntas, as traballadoras da...

Comeza a actividade presencial na Axencia de Intelixencia Artificial na Coruña

A Agencia Española de Supervisión de Inteligencia Artificial (Aesia) celebrou este venres o seu...