InicioCULTURAOs Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia con...

Os Premios María Casares rexistran a maior participación da súa historia con 48 espectáculos inscritos

Publicada o

Por europapress

Os Premios de Teatro María Casares rexistran a maior participación da súa historia ao inscribirse 48 espectáculos e case 400 profesionais na súa 29º edición, cuxa gala de entrega celebrarase o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía de Castro da Coruña.

Segundo explican nun comunicado, a cifra mellora a rexistrada na edición anterior, cando foron 47 os espectáculos e máis de 350 profesionais os concurrientes.

Esta nova marca nas inscricións alcánzase no terceiro ano en que os galardóns incrementaron os seus apartados, xa que en 2023 as bases foron modificadas para ampliar o certame ao crear dúas novas categorías: dirección de movemento e espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), encargada de organizar os premios, abre este martes a primeira quenda de votacións, do que sairá a relación de finalistas que optarán aos 16 galardóns nos que se dividen a María Casares: espectáculo, espectáculo infantil, espectáculo de monicreques, obxectos e figuras animadas, dirección de movemento, actriz protagonista, actriz secundaria, actor protagonista, actriz protagonista, texto orixinal, adaptación-tradución, espazo sonoro, espazo escénico, iluminación, maquillaxe e vestiario.

Preto de 500 persoas pertencentes ao sector escénico están chamadas a emitir os seus votos de forma telemática a través da web da AAAG ata o vindeiro luns 17 de febreiro nesta primeira rolda de votacións.

O censo de votantes está conformado polo corpo asociativo da propia AAAG, por gañadoras e finalistas de edicións anteriores, responsables de programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, xornalistas culturaes e e outros perfís vinculados á escena. A relación de finalistas darase a coñecer a próxima semana de marzo.

Espectáculos inscritos nos XXIX Premios de Teatro María Casares

Espectáculo Compañía
A Cheminea do Apalpador Jorge Rey Títeres
A Cuba! Títeres Alakrán
A Utópica Rodante ”De Vilatristre a Vilalegre” Teatro o cubo
A vendedora de fume A Cova das Letras
A vida, un frenesí Barafunda
Almar Coiracho Producións
Apaga o candil Contraproducións
As formas do amor Verdeveras Expresións Artísticas
As gardiás ou o nó do tecelán Teatro de Ningures
Boa sorte, mala fama Tarabela Creativa
Bulebule Os Náufragos Teatro
Cancións amarelas, flores tristes Manekineko
Circo de Pinocho Educateatro Producións
Cortello de Amor Amorodio teatro
Desexo Talía Teatro
Eu, Fraude! Paula Pier
Gaia Baba, a meiga Nauta Teatro
Go Home Etiqueta Negra Producións
Hexagonum Troula
Historias para unha man Spaguetti Títeres
Iribarne ButacaZero
María Visitación Consolación Amadora Loia Producións
Maruxiña Aurora Artes Escénicas
Moby Dick Pedras de Cartón
Monstros Producións Teatráis Excéntricas
Nada se sabe Culturactiva Producións
Neura, unha comedia neurótico festiva De Ste Xeito
Non pasarán Ártika Cía
Noso Os Náufragos Teatro
O dragón de ouro Sarabela Teatro
O mundo está roto pero pódese camiñar Contraproducións
O Rexurdimento do Divino Sainete LaGriot’te
Os actos e as profecías Centro Dramático Galego
Os contos do Lobicán Redrum Teatro
Pálido Punto Azul Javier Otero Neira
Penélope: destecendo o vínculo Constance Hurlé
Pum! Pum! Quen hai? Ártika Cía.
Rato Pérez A Xanela do Maxín
Rogelio III (La fête) Assircópatas
Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo Mutismoa Teatro
Run Baby Run Meninas Teatro
Sobre o extravío ou a arte de perderse Furia Sotelo
Somos criminais e punto final Ainé Producións e Condetrespés
Territórios de liberdade Tanxarina e Companhia Certa
Testosterona Malasombra
Tolóptica Código Azul
Un gran plan Olga Abad
Vía Morta Culturactiva Producións

ÚLTIMAS

Un paciente agride cunha arma branca a un enfermeiro e un garda de seguridade no complexo hospitalario da Coruña

Un paciente agrediu cunha arma branca a un enfermeiro e a un garda de...

Pepe Cunha, 25 anos á fronte do mellor programa de música galega contemporánea, “Ábrete de Orellas”

Non esaxeramos se Ábrete de Orellas é o mellor programa de música galega contemporánea....

A circulación de trens entre o porto exterior da Coruña e o Eixo Atlántico estará en marcha en 2027

O ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, fixou "no horizonte de 2027"...

Os Marines, 5 anos rompendo barreiras e facendo gozar do deporte a xentes con discapacidade

Se hai unha historia de inclusión na nosa cidade, esa é a dos Marines....