InicioSOCIEDADECompañeiros renden homenaxe ao exsecretario comarcal de UXT José Carrillo, un "sindicalista...

Compañeiros renden homenaxe ao exsecretario comarcal de UXT José Carrillo, un “sindicalista de raza”

Publicada o

Por europapress

Compañeiros sindicalistas, xunto a autoridades, renderon este venres unha homenaxe ao que desde 1992 ata 2020 foi secretario comarcal de UXT na Coruña, José Carrillo, ao que definiron como “un exemplo de sindicalista de raza”.

Foi nun acto con presenza, entre outros responsables políticos, do delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco; a subdelegada, María Rivas, e a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, pero tamén de exdirigentes e actuais membros do sindicato.

homenaxe a Jose Carrillo UXT

Entre eles, estivo o secretario xeral de UXT Galicia, José Antonio Gómez, quen definiu a Carrillo como “un digno herdeiro de Pablo Iglesias” e destacou a súa vontade de chegar a acordos en en cuestións vinculadas ao ámbito sindical.

O homenaxeado, á súa vez, insistiu na necesidade de seguir defendo “dereitos”. “Non hai nada conquistado”, aseverou para incidir tamén na importancia de afiliarse. Pola súa banda, o delegado do Goberno definiuno como “unha figura fundamental para entender o sindicalismo” na Coruña e en Galicia.

Natural de Arzúa (A Coruña), Carrillo empezou a traballar como dependente de comercio para na década dos 70 ter os seus primeiros contactos co mundo laboral e sindical. En 1979 afíliase ao PSOE e a UXT, participando nas primeiras eleccións sindicais en democracia. En 1983 entrou a traballar na Fábrica de Armas da Coruña, incrementando a súa representación sindical ata que foi elixido secretario comarcal.

ÚLTIMAS

A presidenta do COAG desmonta o proceso da Fachada Marítima: “O que vexo é que a Autoridade Portuaria quere sacar rendemento económico”

"As bases estratéxicas non parten dun consenso previo coa cidadanía, polo tanto deberían...

O Concello presenta aos hostaleiros a proposta de nova ordenanza municipal de terrazas incluíndo o redeseño das de María Pita

O Concello da Coruña avanza na súa folla de ruta para actualizar a normativa municipal de...

6,2 millóns de euros para primeira fase de mellora de equipamentos deportivos

O Plan de Mellora de Equipamentos Deportivos nos barrios do Concello da Coruña conta...

Máis de 300 persoas secundan cunha marcha a denuncia polos recortes nos CEIPs de Oleiros

Ambiente reivindicativo e festivo o vivido este pasado sábado na marcha organizada pola ANPA...