InicioCULTURAChisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

Chisco Fdez. Naval: “Meus fillos tiñan que saber”

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Estas semanas, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica, coa colaboración municipal, está instalando novos “stolpersteine” como lembranza ás vítimas do fascismo. Esas lastras douradas que se colocan en rúas de toda Europa que serven para que non esquezamos o noso pasado.

A Coruña é pioneira en Galicia, e no estado, na colocación destas “pedras de tropezar”, como lles chama Chisco Fernández Naval, porque son “discretas, pero visibles e notables, porque están un pouquiño subidas como para que tropeces con elas e te fixes que nesa casa naceu ou creceu unha vítima do fascismo”.
E se A Coruña é a primeira cidade galega en instalar estas lastras, en parte é por Chisco, que quedou impactado cando tropezou cunha destas lastras nunha viaxe a Alemaña, e se propuxo espallar este movemento mundial por Galicia, en colaboración coa ARMH.

Entre os 17 “stolpersteine” que lembran as vítimas herculinas, un, o instalado o 19 de xullo de 2023 na rúa Porta dos Aires, lembra a Julio Martínez Arias. E precisamente Chisco Fdez. Naval (natural de Ourense, amante de Carnota e residente na Coruña), habitual colaborador da ARMH, publicou o ano pasado un libro, editado pola entidade, sobre a súa vida: “Julio Martínez Arias. Da Porta de Aires da Coruña ao aire de Mathsausen”, na mesma liña que o que escribiu contando a cinéfila historia do “Marrolas”, un dumbriés que comandou un grupo de fuxidos dende o Monte Pindo ata Bristol a bordo dun barco xeiteiro secuestrado na ría de Corcubión, e finado no Campo de Concentración de Gusen.

Chisco Fdez. Navalna colocación dos stolperstein na Coruña en 2023
Chisco Fdez. Navalna colocación dos stolperstein na Coruña en 2023
  • XdC: Chisco, a túa longa obra está sempre vinculada á memoria, non?

Sempre me mantiven próximo a este territorio, en todos os xéneros sempre ando arredor da memoria, porque é o que…. Unha vez, cando eu estaba escribindo o libro
John Patrick Thomson, é un profesor de espñaol egalego en EEUU, cando estaba escribindo o libro “A novela galega e a Guerra Civil”, e como eu tiña a novela “O bosque das antas”, que conta a historia do meu avó, quíxome preguntar por que eu escribía sobre iso. E eu lle contara que miña nai sempre me conta as cousas da guerra cando era pequeno. E díxome: “A min gustaríame preguntarlle porque unha nai lle contaba esas cousas tan terribles ao seu fillo”, porque meu avó estivo perseguido, agochado nas covas dos montes de Ribela e Oira, en Ourense.
Entón fumos á casa en Oira para entrevistala. Sentamos nunha pedra de 10 metros desas para sentarse a falar, John puxo a cámara e lle preguntou por que lle contaba esas cousas tan terribles a dous nenos pequenos. Miña nai mirou para a cámara e só dixo: “Porque os meus fillos tiñan que saber”. E eu débome a iso, a esa seguridade e firmeza da miña nai, que malia ser de esquerdas, era unha muller de igrexa, discreta… E por iso teño un compromiso coa memoria, coa historia do meu avó…

  • XdC: En todo caso, hai pouca información para facer estes traballos biográficos de vítimas do fascismo?

Normalmente hai pouca información, porque morreron todos moi novos, ente o 20 eos 35 anos, coa guerra pola medio, polo que normalmente marcharon de casa moi pronto, as familias tardaron moitísimos anos que lles pasaran, e ademais non o podían contar… Entón para facer unha biografía quedan bastante ocos.

Pero no caso de Julio Martínez Arias houbo bastante sorte porque mantivo unha intensa correspondencia cun presbítero francés que vivía nas aforas de París.

Foi un encontro casual, pero fan unha gran amizade, mesmo Julio namora dunha das súas fillas e acaban escribíndose moitísimo. Julio non quería que os seus pais saiban nin que participou na guerra do lado republicado nin que está nun campo de concentración, polo el lle mandaba cartas ao presbítero, que se chamaba Charles Carretier, e este lle enviaba nun sobre distinto, escrito a máquina e coa dirección de París, copiando o que el lle escribe. Ademais recibe as cartas de Galicia, que as copia e as reenvía ao campo de concentración.
Cando Chaterrier deixa de recibir correspondencia de Julio, investiga, descubre que faleceu en Mathausen e lle escribe aos pais que tras longas investigación lamenta dicirlles que o seu fillo morreu no campo de concentración. E aí envíalles toda a documentación que gardaba, as cartas e toda a documentación que gardaba durante a Guerra Civil, mesmo unha especie de diario das súas vivenzas e experiencias durante a guerra.
Iso si, apenas hai fotos, e ademais a súa familia tardou en perdoalo porque el marchou da casa moi cedo, mesmo viviu na Coruña fóra da casa familiar, traballando nunha tenda de peles e tecidos en San Andrés ou traballou sendo moi novo na Asociación Republicana Galega.

El despois marcha a Madrid, estudia Enxeñería, casa con Carmen Mahou, filla da familia cerveceira, e aí é cando despois xa pasa a formar parte do exército republicano, chegando a ser capitán de escuadrón, ata que en febreiro de 1939 ten que dirixir a súa compañía a escapar a Francia por Perpiñán, comezando o periplo polos campos de concentracións, primeiro en Barcares, e despois a Mathausen”.

Máis novas

A ARMH instala 10 novos stolpersteine lembrando víctimas do fascismo

Un novo ‘stolpersteine’ na rúa Padre Feijóo para lembrar Juan González del Valle

A Coruña, a primeira cidade galega en homenaxear ás vítimas dos campos de concentración nazi

ÚLTIMAS

As Veterinarias manifestaranse este domingo na Coruña esixindo a súa liberdade para prescribir

O sector veterinario ten dito basta. Xa este pasado martes, as clínicas de todo...

Villoslada: “É moi preocupante a falta de diálogo do Goberno municipal para acordar os orzamentos”

Tralo rexeitamento da proposta de Orzamentos, e despois da Cuestión de Confianza por parte...

O NCD Educa é “moi necesaria porque hai persoas que se ven oprimidas e necesitan que a súa realidade se normalice”

Xa está en marcha o primeiro festival LGTBQ+ de Galicia. Se ben terceira edición...

Tres detidos nun operativo contra o tráfico de drogas na Coruña

O operativo contra o menudeo de drogas desenvolvido pola Policía Nacional en distintos barrios...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here