InicioMOV. SOCIAISFixada unha data de reunión entre o Concello e as traballadoras das...

Fixada unha data de reunión entre o Concello e as traballadoras das escolas infantís municipais

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Esta pasada tarde demartes 25 de febreiro, as traballadoras da rede municipal de escolas infantís tiñan previsto realizar, e realizaron unha nova concentración ás portas do pazo de María Pita. Unha chamada a última hora da mañá por parte do Concello, confirmando unha data de reunión co Comité (quedou fixada para o 5 de marzo), metía dúbidas no seo da CIG-Ensino e das propias traballadoras sobre se sería positivo suspender a convocatoria, para “facilitar un ambiente positivo na xuntanza coa consellaría de Educación”.

Pero finalmente as traballadoras decidiron acodir á cita, pois así o anunciaran na campaña informativa para as familias polos centros, e non querían que aparecesen familias na praza e non aparecer.

As traballadoras agradecen a reunión e esperan que sirva para desbloquear as negociacións, pero lembran que levan máis dun ano de mobilizacións.

O responsábel da CIG-Ensino, Henrique García, agarda que a xuntanza da próxima semana sirva para abordar a táboa reivindicativa das traballadoras e estudar as fórmulas legais para dignificar as condicións retributivas, mellorar as xornadas, baixar as ratios e garantir unha atención adecuada ao alumnado con necesidades educativas especiais.

Novo contrato

Lembraron ademais que o actual contrato de xestión das escolas remata en agosto, e piden con urxencia que se vaian preparando uns novos pregos, incluíndo as esixencias das traballadoras, e impedindo que se prorrogue o contrato.

Neste senso, o representante da CIG-Ensino apunta que xa hai un preacordo para o convenio estatal de ensino infantil (que a central nacionalista non asinou por seguir condenando o persoal á precariedade laboral e salarial) e está previsto que se asine o 5 de marzo.

Máis novas do conflito

Traballadoras de escolas infantís municipais da Coruña piden ás familias que se sumen ás súas mobilizacións

As traballadoras da Rede de Escolas Infantís Municipais sacan a careta a Borrego

As traballadoras das Escolas Infantís Municipais esíxenlle a Borrego mellores condicións

ÚLTIMAS

A inxustiza, o relato, e a xentrificación poden levar por diante o mellor momento do Deportivo

Teño 51 anos e son o son o socio número 1423 do Deportivo. Levo...

A Xunta activa para este sábado unha alerta laranxa por treboadas e choivas en toda a provincia da Coruña

A Xunta activou para este sábado unha alerta laranxa por treboadas e choivas en...

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación da Coruña tras dúas semanas de obras

Renfe recupera este sábado a circulación ferroviaria na estación da Coruña, unha vez rematada...

Marta e os seus fillos quedan: A mobilización volve demostrar que “xuntos somos forza”

Centos de berros de felicidade encheron o barrio de Monelos cando, despois de máis...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here