InicioA CORUÑAPersoal do CHUAC urxe información e medidas fronte ás agresións: "Imos seguir...

Persoal do CHUAC urxe información e medidas fronte ás agresións: “Imos seguir manifestándonos”

Publicada o

Por europapress

Un centenar de persoas secundaron este xoves unha nova concentración ante o complexo hospitalario universitario da Coruña (Chuac) para esixir medidas “urxentes” contra as agresións a persoal sanitario e reclamar “acceso á información”.

Foi no marco das mobilizacións que manteñen tras o ataque, o pasado 3 de febreiro, con arma branca a un enfermeiro e a un vixiante de seguridade por parte dun paciente con problemas psiquiátricos.

Persoal do CHUAC Stop Agresions

“Imos seguir manifestándonos porque se nos está impedindo o acceso á información por parte desta xerencia”, expuxo a presidenta da Comisión de Centro, María Formoso.

“Nin o informe da análise de causa-raíz, a implementación do ‘botón do pánico’, nin o estado dos protocolos”, resumiu. Ademais, argumentou que non teñen “constancia” de que se puxese en marcha a nova Unidade de Saúde Mental no Hospital Marítimo de Oza.

‘Conselleiro escoita, estamos en loita’ — en alusión ao titular de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño — ou ‘os protocolos, onde están?’ foron algúns dos cánticos dos participantes.

Fixérono tras pancartas coa lema ‘Stop agresións’ e portando carteis nos que se podía ler ‘SOS’ en liña coas que exhibiron en anteriores manifestacións. Ademais, protagonizaron unha sentada na rotonda do hospital coruñes, con protesta ante a porta da xerencia.

Así resume a cronoloxía destas demandas a Comisión de Centro do CHUAC:

Cfronica dunha agresion no CHUAC

Novas medidas

A xerencia da Área Sanitaria asegura que xa ten 10 medidas “rematadas ou en fase de execución”. Aseguran “incrementáronse os efectivos de seguridade no servizo de urxencias cunha segunda presenza de 12:00 a 00:00, tramo horario de maior afluencia de pacientes no servizo, o que no sitúa por riba de hospitais como o Doce de Octubre, Ramón y Cajal e Son Espases, por exemplo”.

Afirman que xa “está a rematado o traballo do grupo encargado da análise de causa-raiz (ACR)”, e que xa se realizou “a planificación, por parte da subdirección de información, da extensión do botón do pánico (ACUDE), que se presentou aos xefes de servizo de urxencias e saúde mental, estando prevista a súa posta en marcha a partir do vindeiro mércores, 5 de marzo”.

Ademais, xa están en marcha as obras da nova unidade de saúde mental no Hospital Marítimo de Oza.

 

Máis novas

As/os traballadoras/es do CHUAC volveron manifestarse “Por un entorno seguro no traballo”

A Comisión do CHUAC critica, na previa dunha nova concentración, os novos recortes de persoal

O persoal sanitario concéntrase no CHUAC en apoio aos dous agredidos e esixindo máis seguridade

ÚLTIMAS

O Concello asegura que os cursos culturais do Programa de Lecer volverán en abril

Mantivo esta mañá o colectivo de docentes dos cursos Culturais do Programa de Lecer...

Delegados da CIG-Ensino e ANPAs mobilízanse na Coruña para denunciar o “abandono” das instalacións educativas

Un centenar de delegados e delegadas de CIG-Ensino, xunto con representantes de ANPAs da...

Facu Díaz, Ignatius Farray, Laura Márquez, David Perdomo, Jöns Pappila ou A Escola de Impro, novidades do EMHU 2026

Acolleu o pazo de María Pita a presentación esta mañá da 6ª edición do...

Inés Rey sobre a reforma de Riazor: “Imos paso a paso construíndo relación de confianza” co Dépor

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, incidiu nas verdadeiras razóns que puideron ter provocado...