InicioSUCESOSUnha colisión entre dous coches en Sada deixa tres persoas feridas

Unha colisión entre dous coches en Sada deixa tres persoas feridas

Publicada o

Por europapress

Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración na tarde deste xoves nunha colisión entre dous coches ocorrida en Sada. Unha das condutoras tivo que ser excarcerada do vehículo.

Segundo informan os servizos de emerxencias, ocorreu na DP-5813 ao seu paso por Oseiro pasadas as 14.00 horas da tarde. Ao recibir a alerta, o 112 puxo en marcha o operativo con Urxencias Sanitarias-061, os bombeiros de Betanzos, a Garda Civil de Tráfico e o Servizo Municipal de Emerxencias de Sada.

Ao parecer, tal e como explica o Concello, o accidente orixinouse cando un dos vehículos realizou un xiro á esquerda para incorporarse á estrada que vai cara a Mosteirón e chocouse contra outro que facía unha manobra de adiantamento.

Nun dos coches accidentados, que quedou fóra da calzada e atravesando o cerco dunha leira, viaxaban dúas persoas, das cales una tivo que ser exarcelada e trasladada a un centro hospitalario.

No outro ían tres persoas e dúas delas requiriron asistencia médica. Os afectados foron trasladados aos hospitais San Rafael da Coruña e ao de Santiago.

O sinistro danou varios colectores e un poste telefónico, polo que se notificou a incidencia aos servizos de obras do Concello e a Telefónica.

ÚLTIMAS

(Vídeos) – Histórica manifestación na Coruña pola vivenda con máis de 30.000 persoas nas rúas

73 minutos. Ese foi o tempo que tardou en pasar toda a manifestación unitaria...

O goberno local da Coruña manterá a conxelación de taxas e tributos o próximo ano

O goberno local da Coruña ten previsto manter as taxas e tributos municipais sen...

Os sindicatos valoran o seguemento e as manifestacións da Folga Xeral: “Está sendo un éxito”

Parece domingo este mércores 11 de novembro na Coruña. A Folga Xeral por unha...

A folga deixa numerosas tendas e bares pechados na Coruña: “Tres ou catro clientes contados e despois nada”

A folga xeral deste mércores, 11 de novembro, deixou unha imaxe desigual nas rúas...