InicioSOCIEDADEAs Veterinarias volven concentrarse contra o Real Decreto 666

As Veterinarias volven concentrarse contra o Real Decreto 666

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

Despois da masiva concentración da pasada semana, o colectivo Veterinario secundaba hoxe unha concentración ás 9:30h na Delegación do Goberno (na Praza de Ourense) para apoiar á manifestación estatal que está acontencendo en Madrid.

Unha nova cita no marco das mobilizacións contra o xa famoso Real Decreto 666/2023, que obriga a notificar electronicamente todas as prescricións de medicamentos e coarta a liberdade de prescrición aos facultativos.

Critican que a norma, ademais aumentar a carga administrativa, lles obriga a receitar só o que veña sinalado no prospecto, aínda que a súa experiencia avale devandito tratamento.

Para o colectivo, a medida só consegue é retrasar os tratamentos e reducir e eficacia dos mesmos, o que nalgúns casos provoca mortes que podían ser evitables como a de Selva, a primeira vítima do Decreto.

O colectivo denuncia ademais que leva arrastrando o IVA do 21% en todos os servizos durante demasiados anos, poñendo un “imposto de luxo” a un servizo sanitario.

Ademais, critican que a Lei sinale multas de ata 1,2 millóns de euros paraa os que non cumplan a normativa, a pesar do que moitos xa teñen asegurado que van facer obxección de conciencia.

Máis novas do conflito

Multitudinaria manifestación na Coruña contra a nova lei do medicamento veterinario

Selva, a primeira vítima do Real Decreto polo que as Veterinarias saen á rúa

 

ÚLTIMAS

As razóns dos traballadoras da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Diana Varela presenta no Fórum a súa viaxe poética con “Serea e Ulises”

Despois da presentación realizada en maio na Agra do Orzán Diana Varela trae este...

Protestas do persoal de Eulen ante a Xunta

Traballadores de Eulen acodiron esta mañá a unha concentración diante do edificio administrativo da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here