InicioA CORUÑAA Coruña acollerá a Semana do Cinema Galego con oito proxeccións

A Coruña acollerá a Semana do Cinema Galego con oito proxeccións

Publicada o

Por europapress

A Coruña acollerá entre o 26 e o 29 de marzo o V Semana do Cinema Galego, na que se proxectarán no Teatro Colón oito cintas galegas de ficción e documental do último ano. As sesións son gratuítas.

Segundo explican nun comunicado, as proxeccións estarán acomapañadas por presentacións dos equipos das películas, que introducirán e conversarán co público sobre os seus traballos en todas as sesións do ciclo.

O certame botará a andar co documental ‘Salvaxe, Salvaxe’, de Emilio Fonseca, que se exhibirá o mércores 26 ás 19.30 horas, tras a inauguración oficial do ciclo. A obra rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico.

Ese mesmo día tamén se proxectará ‘As Neves’, a obra de Sonia Méndez que conseguiu 13 candidaturas finalistas aos XXIII Premios Mestre Mateo. Un thriller que segue a un grupo de adolescentes nun pobo de montaña onde todos se coñecen.

O xoves ás 19.30 horas será a quenda de ‘Aurora’, un documental dirixido por Area Erina que segue a Aurora e Area, mulleres de mundos totalmente diferentes e con gran diferenza de idade entre elas, que establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversacións ligadas á morte, a familia, a guerra e o papel da muller.

Na segunda sesión do xoves ás 21.30 horas proxectarase ‘Prefiro condenarme’, o documental dirixido por Margarita Ledo que conta a historia de mil caras de Sagrario, mariscadora na ría de Ferrol, que confronta cunha nai díscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuízo por adúltera aos 33 anos, en en 1972, por unha filla que ten co seu amante.

O venres 28 de marzo ás 20 horas será a quenda de ‘+ Cuñados’, a comedia de Luís Avilés protagonizada por Federico Pérez, Xosé A. Touriñán e Miguel de Lira que segue as novas aventuras dos cuñados máis famosos do audiovisual galego, esta vez, en Entroido.

Despois será a proxección de ‘Filmei paxaros voando’, un documental de Zeltia Outeiriño que, despois de 20 anos vivindo en Barcelona, volve a Galicia para filmar a memoria do seu tío Antonio, un artesán téxtil galeguista gai.

A última xornada da Semana do Cinema Galego arrincará o sábado coa proxección de ‘Honeymoon’ ás 20.00 horas. Dirixido por Enrique Otero e protagonizado por Javier Gutiérrez, Nathalie Poza e María Vázquez, é un dos títulos con máis candidaturas finalistas aos XXIII Premios Mestre Mateo.

Ás 22.00 horas pecharase o certame coa proxección do thriller ‘Xustiza artificial’, de Simón Casal. A película relata un escenario no que o goberno español anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituíndo, na práctica, a xuíces e xuízas en todos os tribunais do país.

 

A longa lista de finalistas para os XXIII Mestre Mateo

ÚLTIMAS

Xa temos o cartel máis galego do Festival Noroeste

Con 4 semanas de antelación, e non con unha como as pasadas edicións, o...

As Peñas do Dépor convocan unha concentración este xoves na Praza de Pontevedra

Moven ficha as Peñas do deportivismo trala guerra aberta formulada pola directiva do club...

As flores de Ángeles contra o “abandono municipal” na Pescaría

Ángeles ten 95 anos e vive na rúa Orzán, ao carón da Praza do...