InicioA CORUÑAAbren o prazo para facer proprostas ás bases estratéxicas do plan 'Coruña...

Abren o prazo para facer proprostas ás bases estratéxicas do plan ‘Coruña Marítima’

Publicada o

Por editor

— —

O desenvolvemento do proxecto ‘Coruña Marítima’, para o futuro deseño da zona dos peiraos, inicia unha nova fase coa distribución aos colectivos, entidades e institucións da cidade das bases estratéxicas que foron acordadas de cara á licitación do plan que definirá o futuro dos espazos do porto interior.

Así o informaron a Autoridade Portuaria e o Concello da Coruña, que precisaron que as bases foron remitidas a máis de 800 entidades. Entre os destinatarios figuran asociacións sociais e culturais, colexios profesionais, empresas portuarias, Universidade, institucións públicas, colectivos empresariais, grupos ecoloxistas ou fundacións.

No escrito acompáñase unha carta da Comisión Coruña Marítima, na que se resume a situación actual do proxecto e concédese o prazo dun mes para a presentación de suxestións ou achegas que serán valoradas de face á súa posible inclusión no documento definitivo.

Así mesmo, o documento inicial destas bases estará dispoñible para todos os interesados a partir de mañá na web www.corunamaritima.com. Esta páxina recollerá as noticias sobre o proxecto e os documentos máis relevantes (na pestana de Gobernanza) e contará cunha caixa de correos de suxestións aberto a todos os cidadáns.

As bases estratéxicas foron aprobadas o pasado 24 de xaneiro na reunión da Comisión Coruña Marítima, coas dúbidas da oposición e as crúas queixas das plataformas cidadás, na que están representadas as seis administracións que forman parte do proxecto, ademais do tres grupos políticos municipais.

As seis administracións son o Concello da Coruña, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, a entidade pública empresarial Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), o organismo público Portos do Estado e a Autoridade Portuaria da Coruña.

Máis novas

“Co Master Plan Coruña Marítima enfróntamos a unhas propostas anacrónicas”

Así é o aprobado Máster Plan Coruña Marítima

As “luces e sombras” do Master Plan da reforma da fachada marítima que explican a abstención do BNG

Alertan que o documento-base da reforma portuaria prevé privatizar o solo de San Diego e non só para uso residencial

ÚLTIMAS

Ferido un neno de 10 anos nun atropelo na Coruña que lle fracturou unha perna

Un neno de 10 anos foi ferido, cunha fractura nunha perna, nun atropelo ocorrido...

A xuízo o loteiro da Coruña acusado de quedar cunha Primitiva de 4,7 millóns

A próxima semana chegará aos tribunais o xuízo contra o loteiro da Coruña acusado...

Este luns trasládase a parada de bus metropolitano para a peonización de Entrexardíns

Este luns 13 de abril a parada de bus metropolitano de Entrexardíns trasládase á...

Oito formacións competirán na Coruña na batalla de bandas das Flores Rock o 16 de maio

A batalla de bandas do festival Flores Rock celebrará na Coruña unha nova edición...