InicioBARRIOS4 meses coas "cacas rodando pola rúa"

4 meses coas “cacas rodando pola rúa”

Publicada o

Por editor

Máis de 4 meses leva a veciñanza dos Mallos, da confluencia da glorieta La Paz coa rúa Vizcaia, sufrindo serios problemas de saneamento. Unha rotura dunha tubería leva provocando dende hai varios meses, filtracións de auga que subía pola arqueta e caía por toda a rúa.

Contan que durante as primeiras semanas as perdas de auga fecais ían acompañadas de papel hixiénico, pero que no último as augas xa viñan con excrementos, deixando un regueiro de insalubridade grave “coas cacas rodando pola rúa”.

Esta mesma mañá de venres, despois das numerosas queixas veciñais, unha brigada de obras realizaba traballos na zona, esperando que quede así solventada unha situación de penuria.

 

View this post on Instagram

 

A post shared by Xornal da Coruña (@xornaldacoruna)

Escape de Gas

Este mediodía rexistrouse na Coruña un escape de gas pola rotura dunha tubaxe durante unhas obras, aínda que sen maior incidencia xa que os técnicos da empresa encargáronse de reparar os danos.

Así o informaron desde o 112 que precisaron que foi á altura do 140 da rúa do Orzán. O servizo de emerxencias recibiu o aviso dun particular que avisaba de obras nun local situado debaixo dun edificio e que durante as mesmas danaron unha tubaxe que canalizaba o gas.

Ao lugar desprazáronse, por precaución, Urxencias Sanitarias 061. Tamén o fixeron os Bombeiros e efectivos da Policía Local e da Nacional.

No caso dos Bombeiros encargáronse de pechar a subministración, mentres que os técnicos encargáronse de arranxar os danos na tubaxe, sen maiores consecuencias.

ÚLTIMAS

Buscan o autor do atropelo que acabou coa vida dun mozo de 25 anos

Un mozo de 25 anos morreu como consecuencia dun grave atropelo na Coruña. Segundo...

As razóns dos traballadores da Compañía de Travías para a folga deste luns 16N

Este luns 16 de novembro, teñan coidado se pensan ir en bus ao posto...

O Concello da Coruña centra a súa campaña do 25N na violencia dixital e vicaria

O Concello da Coruña desenvolverá ata o 3 de decembro unha campaña con motivo...

Corte na AC-214 a partir deste luns por obras na ponte sobre o río Mero, en Cambre

O tráfico estará cortado a partir deste luns, 16 de novembro, polas obras da...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here