InicioCAMBREDetido un home por ameazar a un menor en Cambre para roubarlle...

Detido un home por ameazar a un menor en Cambre para roubarlle o móbil

Publicada o

Por monchomarino

Un home foi detido pola Garda Civil por ameazar cun cúter e un martelo a un menor para roubarlle o móbil no municipio coruñés de Cambre. O xulgado de garda da Coruña decretou o seu ingreso en prisión.

Segundo informa a Garda Civil nun comunicado, este individuo foi detido como presunto autor dun delito de roubo con violencia e dúas de ameazas na chamada operación Sinto.

O 3 de marzo, un dos menores denunciou que estaba que en compañía doutro menor nunha máquina de ‘vending’ en Cambre cando apareceu o agora detido coa cara cuberta por unha carapucha e unha máscara cirúrxica. Alí, ameazouno cun cúter no seu costado para que lle entregase o móbil –os efectos subtraídos ascenden a un valor de 960 euros–.

Tras isto, o xerente do local de ‘vending’ atopábase realizando labores no interior, sen ser testemuña do sucedido, cando o menor acudiu xunto a el para solicitar a súa axuda. Nese momento, o presunto delincuente volveu ao lugar para ameazar ao menor con que lle facilitase a clave de desbloqueo do móbil, polo que interveu o responsable do local en favor da vítima, ante o cal o agora detido sacou un martelo e ameazouno de morte.

Así mesmo, houbo outra denuncia o 29 de febreiro da empregada dun estanco por recibir ameazas deste home para que lle entregase varios paquetes de tabaco. Os efectos subtraídos foron devoltos aos seus donos.

ÚLTIMAS

Desestiman o recurso de Defensa do Común: Poderán reanudarse as obras da urbanización de luxo da Maestranza

As obras poderán volver á parcela da Maestranza para continuar coa urbanización de luxo...

As 10 rutas do Samaín que fan barrio: Os Mallos

Tras coñecer as propostas da Sagrada Familia, do Castrillón e de Monte Alto, seguimos...

“Son o noso alumnado, os nosos fillos”, profesorado de Ferrol mostra o seu apoio a un alumno ferido nas protestas na Coruña

O profesorado do IES Concepción Arenal de Ferrol amosou o seu apoio a un...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here