InicioA CORUÑADúas persoas trasladadas ao hospital por un incendio nun piso da Coruña

Dúas persoas trasladadas ao hospital por un incendio nun piso da Coruña

Publicada o

Por europapress

Un incendio na cociña dun piso da Coruña, situado na Avenida de Hércules, obrigou a trasladar ao hospital da cidade a dúas persoas. Unha delas sufriu queimaduras, mentres que a outra inhalou fume, segundo informa o servizo de emerxencias.

Na primeira alerta que recibiu o 112 Galicia esta tarde, o particular manifestou que había unha persoa afectada e que estaba a arder a cociña do piso.

Tras o primeiro aviso, o 061, os Bombeiros, a Policía Nacional e a Local desprazáronse ata o foco do incendio.

O lume foi apagado antes da chegada dos bombeiros, quen indicaron que ardera a campá extractora. A pesar diso, as dúas persoas afectadas foron trasladadas ao hospital.

ÚLTIMAS

Arrincou a campaña electoral para as eleccións xerais do 29N

Comezou, coa tradicional pegada de carteis, a campaña electoral de cara ás eleccións xerais...

A delicada tesitura do Centro Ocupacional Pascual Veiga

Entre a Falperra e os Mallos, silencioso nun primeiro piso enriba dunha oficina de...

O FESTIGUAL enche a fin de semana de teatro inclusivo para toda a familia

Continúa en marcha o FESTIGUAL. O ciclo organizado pola Fundación Emalcsa e o Concello...

Os tres grupos aproban por unanimidade apoiar ás 50 familias afectadas polos 8 edificios comprados por fondos boitre

Importante (haberá que ver se se traduce en feitos) o acordo ao que chegaron...